Saltou a noticia esta mañán en Moraña!! Tras moitos rumores e dimes e diretes, por fin se confirma o que se viña falando nas última semanas: o Municipal de Mirallos será o campo onde se xogue a Final da Libertadores na vindeira tempada.

Tralo acontecido no partido de volta na Final da Libertadores deste ano, pola que a Conmebol tivo que buscar un campo neutro para o encontro, esta Federación comezou a traballar para que non se repetira esta circunstancia na próxima edición.

Pese a que parecía que ía a ser Chile quen acollera esta final, que para o ano será a partido único, finalmente as hábiles xestións dos dirixentes do Moraña C.F. conseguiron que a nosa vila e o noso campo fose o elexido para a disputa deste partido.

Foron chave para tomar esta decisión as instalacións, así como a potente cantina e o calor da afección local, que é mundialmente coñecida. Só queda congratularnos e preparar todo para que esta final sexa un éxito e tan recordada como a xogada en Madrid fai unhas semanas.

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR