• Os nosos caen por goleada ante o colista do categoría.

  • A desconexión da segunda metade descompensou totalmente o encontro.

Xornada 25 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao C.D. Pontellas no campo do Buelo.

Partido con duro resultado para o Moraña. As cousas semellaban empezar con boas sensacións, xa que os nosos se puxeron por diante no marcador no minuto 8 e dominaron o partido durante os primeiros 25 minutos. Pero unha xogada desafortunada acabou cun penalti a favor do equipo visitante, e foi a partires de aí cando o encontro cambiou de rumbo. O Pontellas convertiu o lanzamento desde os once metros e só 4 minutos despois lograba darlle a volta ao resultado. O Moraña non podía crer cómo se torcían as cousas despois dun bo inicio de encontro.

Na segunda metade, a cousa complicouse aínda máis aos 2 minutos de empezar. O Pontellas convertía un novo gol que poñía moi de cara o partido para os seus intereses. Lonxe dunha reacción dos nosos, o equipo visitante continuou atacando e logrou convertir 3 goles máis, poñendo o definitivo 1-6 no marcador.

A vindeira xornada tocaranos disputar un novo partido como locais recibindo ao S.D.C. San Adrián no campo de O Buelo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Rubén Candal (Víctor Calderón, 58′), Moha El Hamdaoui (Josiño Pérez, 58′), Ramón Martínez, Diego Pérez, Álvaro Bacariza (Dani Fontán, 66′), Jorge Miser (Leroy Ruegg, 68′), Sebas Cores, David García (Domi García, 66′) e Ángel Buceta.

C.D. Pontellas: Martín Santos, Daniel Pintos, Elián Martínez, Pablo Piñeiro, El Hamzaoui (Alejandro Estévez, 63′), Ernesto Rodríguez, Brais Rodríguez, Alberto Pereira (Brian Lemos, 46′), Lucas Ferreira, Adrián Alonso (Etienne Martin, 88′) e Marcos Conde (Miguel Giráldez, 69′).

Goles: 1-0 Jorge Miser (min. 8), 1-1 Pablo Piñeiro (min. 34), 1-2 Alberto Pereira (min. 38), 1-3 Lucas Pereira (min. 47), 1-4 Lucas Pereira (min. 63), 1-5 Elián Martínez (min. 90), 1-6 Alejandro Estévez (min. 92)

Árbitro: Miguel Veiga, auxiliado por Alba Juncal e Rodrigo García. Amonestou a David Gevorgyan e Ramón Martínez polo Moraña e amonestou a Martín Santos e Marcos Conde polo Pontellas.

Compárteo!

Deixa un Comentario