Mutualidade

A Xunta de Galicia informa que o Plan Xogade sufrirá unha modificación importante co cambio de ano. Xogade cambia de aseguradora a partir do día 29 deste mes.

Ata o 28/12/2022 incluído

Notificar as lesións á aseguradora actual

AIG 91 737 2818 ou www.depor-xogade.com

É importante notificar e certificar as lesións nos 7 días de prazo.

Os deportistas serán atendidos por esta aseguradora ata a súa recuperación ou ó final dos 18 meses de cobertura.

Os deportistas con expedientes abertos previamente continúan tamén a súa atención con esta empresa.

Do 29/12/2022 en adiante

Notificar as lesións á nova aseguradora

SURNE 881 850087 ou https://partesxogade.es

Solicitamos a todos os clubs que informen aos adestradores e sobre todo ás familias dos rapaces e rapazas que teñen a atención sanitaria deportiva cuberta polo Plan Xogade (ata 16 anos).

PROTOCOLO PLAN XOGADE