O Moraña C.F. comunica o procedemento mediante o cal se desenvolverá o sistema electoral, ao tempo que comparte a convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria. Así mesmo, poñemos a disposición dos socios e socias a documentación e o comunicado completo relativos á convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria, que poderán consultarse na seguinte ligazón:

Consulta aquí o comunicado e documentación da Asemblea Xeral Extraordinaria

Procedemento electoral

A mesa electoral estará presidida por 4 persoas sen vinculación nin implicación con ningunha das candidaturas, que serán:

  • Os/as 2 socios/as máis novos/as presentes na Asemblea Xeral.
  • Os/as 2 socios/as de maior idade presentes na Asemblea Xeral.
  • As persoas integrantes da mesa electoral deberán estar presentes o día 5 ás 17:30 h, co fin de proceder á súa constitución e organización do proceso de votación.
  • As candidaturas deberán presentarse formalmente mediante correo electrónico ao enderezo do club (moranhafutbol@gmail.com), indicando o nome da persoa candidata á presidencia e das persoas que formarán parte da Xunta Directiva.
  • Unha vez presentadas as candidaturas, elaboraranse as papeletas de votación, que serán as utilizadas polos socios e socias para exercer o seu dereito ao voto. Animamos a todos os socios e socias a participar e exercer o seu dereito ao voto, lembrando que este corresponde exclusivamente ás persoas socias que teñan a súa cota ao día con data 17/05/2026.

Grazas pola vosa atención, implicación e colaboración.

Compárteo!

Deixa un Comentario