Aquí vos deixamos unhas ligazóns para ver as fotos do torneo.

 

O Moraña C.F. presenta a Décima Edición da MorañaCUP, que se disputará o vindeiro 13 de Xuño no Campo de O Buelo. Ao igual que na edición anterior, as categorías que participarán serán PREBENXAMÍNS, BENXAMÍNS E ALEVÍNS, todos en modalidade de F8.

Vannos visitar 8 clubs, aos que o Moraña C.F. agradece a súa participación. Estes clubs invitados son Vitória de Guimarães, Barro C.F., Caldas C.F., Arosa S.C., Portero 2000, S.D. Chispa, Salgueiriños C.F. e A.C.D. A Seca.

ASIGNACIÓN DE VESTIARIOS

Cada Equipo contará cun voluntario da Organización que os acompañará en todo o Torneo e lles dará todo o apoio necesario. Calquera necesidade ou problema será resolta pola Organización a través deste voluntario.

VESTIARIO 1: Vitória de Guimarães
VESTIARIO 2: Salgueiriños C.F.
VESTIARIO 3: A.C.D. A Seca
VESTIARIO 4: Portero 2000
VESTIARIO 5: Arosa S.C.
VESTIARIO 6: Caldas C.F.
VESTIARIO 7: Barro C.F.
VESTIARIO 8: S.D. Chispa

 

Deixamos aquí o cadro de competición das distintas categorías e o desenvolvemento do Torneo

INFORMACIÓN E NORMAS DA COMPETICIÓN

Pódense consultar as normas e información sobre a competición neste enlace.

A MorañaCUP xógase en 3 categorías distintas, en formato de F8 e coas seguintes normas:

  • Todos os partidos serán de 25 minutos a tempo corrido.
  • A clasificación nos grupos guiarase pola suma de puntos (3 vitoria, 1 empate, 0 derrota).
    En caso de empate a puntos, manda o resultado directo entre os equipos empatados. Se non se resolve, mirarase o golaverage xeral. En caso de non resolverse miraranse os resultados dos penaltis entre os equipos empatados.
    Despois de cada partido tiraranse 3 penaltis.
    Nos cruces soamente se tirarán penaltis en caso de empate.
  • Categoría alevín:
    Un grupo de 5 equipos que xogan unha liga de todos contra todos.
  • O 1º clasificado xoga contra o 4º, e o 2º contra o 3º as semifinais.
  • Os equipos clasificados das semifinais, xogan a final e os non clasificados, 3º e 4º posto.
  • Categorías benxamín e prebenxamín:
    Dous grupos de 3 equipos que xogan unha liga de todos contra todos.
  • Os 3º de cada grupo, xogan entre eles o 5 e 6º posto.
  • O 1ª de cada grupo xoga contra o 2º do outro grupo a semifinal.
  • Os equipos clasificados das semifinais, xogan a final e os non clasificados, 3º e 4º posto.

 

NORMAS XERAIS

– Os equipos poden inscribir a 15 xogadores por categoría. Debe entregarse un listado á organización ao comezar o Torneo, e os xogadores non poden cambiar de dorsal.

– A MorañaCUP contará con árbitros federados. As normas de xogo serán as da RFGF no que respecta a F8.

– Un xogador expulsado nun encontro, non poderá participar no inmediatamente seguinte. Se o motivo da expulsión é debido a unha acción antideportiva, este xogador non poderá volver a ser aliñado na MorañaCUP.