Moraña C.F. 7-3 Xuv. Sanxenxo

Segunda Futgal – Xornada 29
O Buelo | 10 de maio, 17:30h

Aliñacións

Moraña C.F.
  • 13. Abraham Martínez (P)
  • 7. Rafael Paiva
  • 8. David García
  • 9. Brenno (19. Godfrey Apeh, 46′)
  • 11. Ibrahim Narh (5. Rubén Candal, 46′)
  • 12. Damián Pereira (25. Ousmane Sene, 57′)
  • 15. Mario Fortes
  • 16. Ousmane Ciss
  • 18. Samuel Lucas
  • 24. Alejandro Pertusa (10. Rodrigo Cor, 51′)
  • 26. Brais Rey (1. Hugo Míguez, 85′)

Xuv. Sanxenxo
  • 1. Luis Velay
  • 3. Jose Martín
  • 4. Raúl Fernández
  • 5. Rodrigo Tacón
  • 6. Daniel Panadero
  • 7. Jacobo Padín
  • 8. Roy Lois
  • 10. Daniel Martínez (21. Tomás Martínez, 36′)
  • 11. Andrés Otero
  • 16. Héctor Carballa
  • 25. Cristian Brea (12. Joel Estévez, 76′)

Árbitro

Luis Miguel Santiago Garrido

Goles

Goles Xogador Minuto
1-0 11. Ibrahim Narh 9′
2-0 16. Ousmane Ciss 12′
3-0 9. Brenno (P.) 18′
4-0 16. Ousmane Ciss 21′
5-0 9. Brenno 24′
5-1 7. Jacobo Padín 27′
6-1 9. Brenno 249
7-1 11. Ibrahim Narh (P.) 45′
7-2 5. Rodrigo Tacón 52′
7-3 8. Roy Lois 79′

Tarxetas

Tarxeta Xogador Equipo Minuto
Amarela Raúl Fernández Xuv. Sanxenxo 41′
Amarela Daniel Panadero Xuv. Sanxenxo 44′

Resumo do encontro

O Moraña recibiu ao Xuv. Sanxenxo nun encontro tolo e cheo de goles no que os nosos ofreceron unha exhibición ofensiva para acabar levando unha contundente vitoria por 7-3.

Desde o inicio, o Moraña mostrouse moi superior e completamente acertado de cara á portería rival. Os goles fóronse sucedendo ao longo dunha primeira metade espectacular, na que os nosos dominaron o xogo e aproveitaron practicamente cada chegada á área. Ao descanso chegouse cun sorprendente e contundente 7-1, deixando o partido practicamente sentenciado.

Na segunda metade, o ritmo baixou e o Xuv. Sanxenxo conseguiu maquillar o resultado con dous goles máis, pero sen opcións reais de meterse de novo no encontro. O Moraña soubo controlar a vantaxe e pechar unha tarde moi completa diante da súa afección.

Unha vitoria moi importante, non só polo marcador, senón porque este resultado achega ao Moraña á posible salvación da categoría, reforzando ademais a confianza do equipo neste tramo decisivo da tempada.

Compárteo!

Deixa un Comentario