O vindeiro 13/06/2026 celebraremos a X EDICIÓN da MORAÑA CUP, unha cita xa habitual e moi especial para o noso club.

Este ano temos unha ilusión aínda maior, xa que contaremos co noso equipo prebenxamín, polo que animamos a todas as familias, xogadores, socios, veciños e afeccionados a vir apoiar aos nosos pequenos, vestindo a camiseta do Moraña C.F. e enchendo o campo de ambiente, cor e moito ánimo.

Queremos que sexa unha xornada de convivencia, diversión e entretemento para todos os nenos e nenas, e especialmente un día inesquecible para os nosos prebenxamíns, que vivirán unha experiencia moi especial representando ao club.

Agardámosvos a todos para desfrutar xuntos dunha gran tarde de fútbol, compañeirismo e sentimento!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario