Normas de Rexime Interno

Neste documento imos a presentar as Bases de Funcionamento para o Moraña C.F.

DEREITOS DOS XOGADORES

Preséntanse a continuación os dereitos que todos os xogadores do Moraña C.F. teñen só por pertencer ao Clube:

  • Dereito a recibir unha formación que asegure o seu desenvolvemento como deportista e como persona.
  • Dereito ás mesmas oportunidades de acceso aos niveles deportivos. Para eso o clube comprométese a facilitar:
    • Técnico preparado e formado.
    • Instalacións e materiais de última xeración
    • Horario de adestramento sen alteracións arbitrarias
    • Participación en Competicións Oficiais.
    • Ensinanza de disciplina deportiva.
    • Educación deportiva que contribúa á formación integral do deportista.
  • Todos os xogadores teñen dereito a que se respete a súa integridade física e moral e á súa dignidade persoal.
  • Todos os xogadores teñen dereito a que a súa actividade se desenvolva en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.
  • Todos os membros do Clube están obligados ao respeto destes dereitos e da presente normativa.

DEBERES DOS XOGADORES

Preséntanse a continuación os deberes que todos os xogadores do Moraña C.F. deben cumplir por pertencer ao Clube:

  • Manter unha actitude de colaboración, apoio e respeto cara os compañeiros, entrenadores e coordinador.
  • Manter actitude de respeto e disciplina cara as actividades, decisións e consignas propostas polos técnicos.
  • Non protestar, insultar nin realizar xestos ou manifestacións despectivas cara o árbitro, contrarios ou público.
  • Non provocar nin responder a accións violentas ou conductas antideportivas.
  • Non utilizar un vocabulario soez ou malsonante nos partidos nin adestramentos.
  • Acatar con respeto as sancións disciplinarias ás que fora sometido.
  • Cumplir coas normas deste regulamento.
  • Xustificar debidamente e coa suficiente antelación calquer ausencia a adestramentos ou partidos.
  • Asistir con puntualidade aos adestramentos, partidos ou eventos ao que se lle requira.
  • Debe portar con dignidade, orgullo e respeto os uniformes institucionais nos eventos programados, incluídos adestramentos e partidos.
  • Manter as condicións máis comúns de hixiene e saúde. Nese sentido, recoméndase o uso da ducha tanto nos adestramentos coma nos partidos.
  • Os xogadores que durante os encontros estean no banquillo, quedan obrigados a manter a debida compostura, aceptando en todo momento as indicacións do adestrador e delegado.
  • Asumir con respeto as decisións que tanto a Xunta Directiva, Dirección Deportiva, adestrador ou delegado adopten no beneficio do conxunto do Clube. Esta actitude tamén se fai extensiva ás decisións arbitrais e aos estamentos federativos.
  • Todos e cada un dos xogadores das diferentes plantillas se deben ao Clube no seu conxunto, estando a disposición da Dirección Deportiva e plantel de adestradores en todo momento para realizar cambios de adscripción a un determinado equipo eque estimen oportunos e o permita a normativa vixente na Federación Galega de Fútbol.
  • Todas as ausencias deberán estar xustificadas.
  • En caso de golpe ou lesión, débese seguir estrictamente o protocolo de actuación que estipula a mutualidade deportiva e cuias indicacións se atopan na web do Clube.
  • Debe existir un compromiso de cuidade e respeto ás instalacións deportivas e ao material deportivo de traballo que se proporciona.

CONSELLOS PARA PAIS, NAIS E TITORES.

  • (Os dereitos e obligacións dos pais recollidos no presente Regulamento, entenderánse referidos no caso de ausencia dos mesmos, ao tutor ou representante legal do alumno ou deportista)
  • A inscripción dun deportista no Moraña C.F. supón o coñecemento e a aceptación por parte dos pais do tipo de actividade que o Clube ofrece e, en particular, comprométense a respetar o ideario e normativa do mesmo e procurar que os seus fillos o respeten.
  • Os pais teñen dereito a ser informados da marcha deportiva e comportamento dos seus fillos. Esta información seralle transmitida tras previa petición por parte do Coordinador do Fútbol Base.
  • Os adestradores teñen terminantemente prohibido por parte do Coordinador do Fútbol Base comentar calquer tipo de aspecto deportivo, decisión técnico-táctica ou de índole interno cos pais. O interlocutor para estes asuntos será o Coordinador do Fútbol Base.
  • Non se permitirá a ningún Pai, Nai ou tutor (a excepción do delegado) que ocupe ou acceda os lugares destinados aos xogadores e corpo técnico, como por exemplo, banquillos e vestiarios.
  • Deberán respetar á imaxe do clube, as normas e regulamento da competición e ás persoas que interveñan na actividade deportiva, con especial mención aos árbitros e xogadores, tanto propios como do equipo contrario.

AXUDEN AOS RAPACES A PRACTICAR DEPORTE, NON FORCEN A SÚA VONTADE

CONCÉNTRENSE NOS ESFORZOS DO SEU FILLO E DO EQUIPO, NON NO RESULTADO

LEMBREN QUE OS RAPACES APRENDER MELLOR CO EXEMPLO. APLAUDA O BO XOGO E AS ACCIÓNS DEPORTIVAS

ANIME A XOGAR AOS RAPACES DACORDO CO REGULAMENTO

NON BERRE AOS XOGADORES, ADESTRADORES OU ÁRBITRO E NON FAGA COMENTARIOS QUE RIDICULICEN A INTEGRIDADE DAS PERSOAS

RESPETE AS DECISIÓNS DOS ÁRBITROS. ESTÁN AÍ PARA CONTRIBUÍR Á FORMACIÓN DOS SEUS FILLOS
RECONOZA A LABOR E A IMPORTANCIA DOS ADESTRADORES. DAN O SEU TEMPO E RECURSOS PARA UNHA MELLOR FORMACIÓN COMO DEPORTISTAS E PERSOAS. NON INTERFIRA NAS SÚAS DECISIÓNS E TRABALLO

EVITEN CASTIGAR POR MEDIO DO FÚTBOL. BUSQUEN OUTRAS VÍAS QUE NON PERXUDIQUEN AO XOGADOR, COMPAÑEIROS E CLUBE.