-
Os nosos cerran a tempada con mal sabor de boca cunha derrota no derbi.
-
O próximo ano loitaremos por voltar de novo a Primeira Autonómica.
Derradeira xornada do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Campo Lameiro C.D. no campo do Buelo.
Último partido da tempada 23/24 que non acabou do mellor xeito. Foi un ano complicado a nivel deportivo, que finaliza co descenso do Moraña a Segunda Autonómica. Dende aquí queremos agradecer a tódol@s soci@s e afeccionad@s polo seu apoio.
En canto ao partido, foi un encontro no que os visitantes dominaron a maior parte. O marcador abriuse mediada a primeira parte en favor do Campo Lameiro. O Moraña chegou á área contraria a través de centros laterales, pero sen conseguir crear sensación de perigo.
Na segunda parte, dous goles en 3 minutos por parte do Campo Lameiro puxo o partido moi custa arriba. Josiño conseguiu recortar diferencias ao aproveitar un rexeite dentro da área. Pero foron os visitantes os que sentenciaron o partido e puxeron o 1-4 definitivo no marcador.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Pedro José Castro, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (Josiño Pérez, 46′), Diego Pérez, Víctor Calderón, Jorge Miser, Sebas Cores (Ángel Buceta, 46′), David García (Domi García, 53′) e Roi García (Leroy Ruegg, 46′).
Campo Lameiro C.D.: José Ángel Vivar (Iván Paz, 46′), Marcos Durán (Roberto Maquieira, 46′), Antonio Carlos Pierna, Ángel Andrade, Bruno García, Enrique García, José María Pérez (Pablo Vidal, 52′), Adrián Porto, Francisco Javier Miranda, Alexandre García (Víctor Andrade, 76′) e Yago Fernández (José Alfonso Miranda, 46′).
Goles: 0-1 Francisco Javier Miranda (min. 33), 0-2 Alexandre García (min. 46), 0-3 Francisco Javier Miranda (min. 47), 1-3 Josiño Pérez (min. 52), 1-4 Alexandre García (min. 71)
Árbitro: Tomás Balboa, auxiliado por Antonio Franco e Rodrigo García. Amonestou a Josiño Pérez por parte do Moraña.