Moitos anos pasaron dende aquel 4 de Xullo de 1969, no que se fundaba o Moraña Clube de Fútbol. Disputou dende aquel intre os seus partidos no campo de Mirallos, que daquela era un humilde campo de terra, e que hoxe en día, é dos poucos campos de herba natural da comarca, que se conserva nun estado envexable.
A existencia do Moraña C.F. remóntase a anos atrás do 1969, se ben é certo, que ata esa data non se federou. Naqueles tempos, os cativos de Moraña xogaban no campo de terra de Mirallos, que pertencía aos veciños da Bouza e que todavía non era propiedade do Concello.
Existe documentación gráfica que acredita que xa nos finais dos anos 50 se xogaba ao fútbol no campo de Mirallos. Hai fotos do ano 1966 nas que se xogaban partidos de fútbol cos “veteranos”.
No ano 1969 e despois de levar xogando varios anos sen federarse, un grupo de rapaces, entre os que se atopaban Celso Diz, Santiago Búa, Rey, Verísimo Sayáns, Celso Couso,etc, e da man de Marcelino Ares como presidente, tómase a decisión de federar ao equipo e dende o 4 de Xullo de 1969, ata día de hoxe o Moraña C.F. segue a súa andadura pola historia do fútbol comarcal e autonómico galego.