O Moraña C.F. presenta a Segunda Edición do Torneo CX , que se disputará o vindeiro 29 de Xuño no Campo de O Buelo. As categorías participantes serán Infantís, Cadetes e Xuveniles, en modalidade de Fútbol 7.

Tendo en conta que van participar 13 equipos, o Moraña C.F. habilitou no Campo de O Buelo e nos seus arredores todas as infraestruturas que o Concello nos facilitou para facer o máis doada e cómoda posible a participación de todos os equipos.

Os equipos participantes serán os seguintes:

  • EF Villa de Marín
  • Barro CF
  • Caldas CF
  • CD Portas
  • SD Monteporreiro
  • Moraña CF

 

Deixamos aquí o cadro de competición e o desenvolvemento do Torneo, que terá lugar ininterrumpidamente entre as 10:00 e as 19:00 dese sábado 29 de Xuño.

INFORMACIÓN E NORMAS DA COMPETICIÓN

O Trofeo ICX xógase en 3 categorías distintas, en formato de F7 e coas seguintes normas:

  • Categoría infantil e cadete:

Un grupo de catro equipos que xogan unha liga de todos contra todos.

– O 1º e 2º clasificado xogarán a final.

– O 3º e o 4º clasificado xogarán a final de consolación.

  • Categoría xuvenil:

Un grupo de cinco equipos que xogan unha liga de todos contra todos.

Todos os partidos serán de dous tempos de 15 minutos a tempo corrido, non haberá descanso, só se cambia de campo.

A clasificación nos grupos guiarase pola suma de puntos (3 vitoria, 1 empate, 0 derrota). En caso de empate a puntos, manda o resultado directo entre os equipos empatados. Se non se resolve, mirarase o golaverage xeral. En caso de non resolverse miraranse os resultados dos penaltis entre os equipos empatados.

Despois de cada partido tiraranse 3 penaltis.

Nos cruces soamente se tirarán penaltis en caso de empate.

Poderanse inscribir ata un máximo de 16 xogadores por equipo.

En caso de recibir dúas tarxetas amarelas no mesmo partido ou vermella directa, o xogador será expulsado nese partido e non poderá xogar o seguinte. No caso de que a tarxeta vermella sexa por unha acción antideportiva, o xogador será expulsado do torneo.

Pódese descargar toda a información do Torneo, no folleto informativo, neste enlace.