Hoxe tivo lugar a presentación oficial da Moraña CUP VIII en colaboración co Concello de Moraña. O torneo terá lugar os próximos días 17 e 18 de maio como celebración dos actos con motivo do 55º aniversario da historia do Moraña C.F. Este evento congregará ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Neste ano celébrase a súa oitava edición, na que se espera xuntar a máis de 350 rapaces de toda a comarca.

Dende esta organización queremos agradecer o apoio que mostra sempre o goberno local, no cal o alcalde Sito Gómez indicou: “é un evento tradicional e sempre se vive como unha festa do deporte e do fútbol base para todos os participantes e asistentes, que serve para reforzar os valores por medio do fútbol na sociedade. O Concello de Moraña sempre intenta colaborar co deporte neste sentido”.

Por outro lado, celebrando a ocasión do torneo e no marco do acordo do copatrocinio coa empresa morañesa Energy Plus haberá promoción especial para todos os socios e socias do Moraña C.F. que se poderán beneficiar de tarificacións especiais na súa tarifa da eléctrica. Contacto: https://epsol.es/contacto/

Compárteo!

Deixa un Comentario