• Os nosos volven caer derrotados no seu feudo.

  • Estas dúas derrotas consecutivas fannos caer ata a 13ª praza.

Xornada 26 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao S.D.C. San Adrián no campo do Buelo.

De novo unha tarde aciaga a vivida na tarde do domingo para os intereses do Moraña. Os visitantes lograban adiantarse logo dunha contra na que o xogador do San Adrián definise ben no man a man contra Manu Carracedo. A reacción do Moraña foi boa, xa que 6 minutos despois Sebas lograba empatar na saída dun saque de esquina. Con este resultado, os xogadores retiraríanse aos vestiarios.

Trala reanudación, o equipo contrario conseguía tomar ventaxa de novo ao poñer o 1-2 no marcador. E uns intres despois, aumentaba a distancia cun novo gol logo dun rexeite dentro da área que acabaría no fondo da rede. No minuto 90, Josiño marcaría o segundo gol dos nosos pero xa sen tempo para acadar o empate.

A vindeira xornada tocaranos visitar o campo do S.C.D. Ponte Caldelas.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Anxo Domínguez (David García, 62′), Jesús Losada, Fernando R. Novegil (Rubén Candal, 90′), Ramón Martínez, Diego Pérez, Víctor Calderón (Josiño Pérez, 46′), Jorge Miser (Ángel Buceta, 62′), Dani Fontán, Sebas Cores e Domi García (Álvaro Bacariza, 46′).

S.D.C. San Adrián: Eduardo Vidal, Carlos Veras, Juan Andrade, Raúl Paredes (Borja Leiro, 84′), David Parada, Gerardo Alonso, Guillermo Couso (Rubén Paredes, 75′), Francisco Palmas (Iago Novoa, 75′), Adrián López (Javier Alonso, 70′), Hugo Pombo (José Belarmino Casal, 84′) e Agustín Mateo D’Anunzio.

Goles: 0-1 Francisco Palmas (min. 34), 1-1 Sebas Cores (min. 40), 1-2 Raúl Paredes (min. 51), 1-3 Raúl Paredes (min. 64), 2-3 Josiño Pérez (min. 90)

Árbitro: Jorge Baquero, auxiliado por Santiago Márquez e Alejandro Nine. Amonestou a Víctor Calderón, Fernando R. Novegil e Anxo Domínguez polo Moraña e amonestou a Hugo Pombo e Rubén Paredes polo San Adrián.

Compárteo!

Deixa un Comentario