• Nova vitoria do Moraña no tempo de desconto.

  • Os nosos conseguiron darlle a volta ao resultado para sumar 3 puntos máis.

Xornada 23 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Racing Castrelos F.C. no campo de fútbol do Buelo.

Podedes ver os goles ao final desta publicación.

Partido sen moitas ocasións de gol o disputado nesta chuviosa tarde de domingo. A primeira metade transcurriu con ambos equipos intentando facerse co control do xogo, pero as defensas estiveron máis atinadas que os ataques. Co 0-0 chegouse ao descanso do encontro.

Xa na segunda metade, o Racing Castrelos conseguiu adiantarse no marcador aos 10 minutos de reanudarse o xogo. Pero o Moraña reaccionou ben e Ramón fixo o empate 5 minutos despois, logo de recoller un balón morto dentro da área. E xa no tempo de desconto, Losada faría o definitivo 2-1 logo dunha boa internada de Gevorgyan que poñía o pase atrás vendo ao seu compañeiro desmarcado.

O vindeiro domingo tocaranos visitar Vilaxoán para disputar a 24ª xornada de liga contra o San Martín C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada, Rubén Candal, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (Leroy Ruegg, 79′), Ramón Martínez (Domi García, 88′), Álvaro Bacariza, Sebas Cores, David García (Víctor Calderón, 65′) e Josiño Pérez (Jorge Miser, 65′).

Racing Castrelos F.C.: Raúl Alonso, Iván Carreja, Antonio Gómez, Delfino Martín Pereira (Guillermo Troncoso, 81′), Martín Ubeira (Yago Álvarez, 81′), Ricardo Alonso (José Ramón Sáenz-Díez, 62′), Adrián Vieitez, Joel García (Lucas González, 46′), Iván Mingotes, Abraham González e José Ramón Fernández (Iago Caamaño, 89′).

Goles: 0-1 Martín Ubeira (min. 57), 1-1 Ramón Martínez (min. 62), 2-1 Jesús Losada (min. 92).

Árbitro: Diego Tajes, auxiliado por Adrián Tesouro e Marco Peón. Amonestou a Fernando R. Novegil e Sebas Cores polo Moraña e amonestou a Iván Mingotes, Delfino Martín Pereira, Lucas González, Martín Ubeira, Anxo Leiros e Abraham González polo Racing Castrelos.

Compárteo!

Deixa un Comentario