• Os nosos caen derrotados fronte a un dos candidatos ao ascenso.

  • O Moraña fixo un bo partido, pero o Umia fixo gala da súa efectividade en ambas áreas.

Xornada 28 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Umia C.F. no campo do Buelo. Antes do comezo do encontro fíxoselle unha homenaxe ao equipo alevín, que fixo un gran papel no torneo de Semana Santa en Caldas e acadou o 2º posto.

Partido difícil o deste domingo no que nos visitaba o Umia C.F., un dos principais candidatos ao ascenso e á consecución do campionato ligueiro. O encontro comezaba cos visitantes intentando impoñer o seu xogo e co Moraña intentando buscar os contragolpes. Foi no minuto 12 cando se poñía o 0-1 no marcador logo dun disparo desde fóra da área. Intentaba o Moraña chegar á porta rival para lograr o empate e a piques estivo de facelo. Pero sería o Umia o que volvería anotar un novo gol logo dun saque de esquina ao segundo pao.

Xa na segunda metade, os nosos intentaron recortar distancias con ataques rápidos. Pero o porteiro visitante detivo os intentos dos atacantes do Moraña. O equipo visitante dedicouse máis a intentar durmir o encontro que a buscar máis goles, e con isto chegaríase ao final do encontro.

A vindeira xornada teremos a disputa do derbi comarcal fronte ao Caldas C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Anxo Domínguez, Fernando R. Novegil (Leroy Ruegg, 83′), Moha El Hamdaoui, Jacobo Lazcano, Ramón Martínez (Domi García, 83′), Víctor Calderón (Josiño Pérez, 73′), Jorge Miser (David García, 75′), Dani Fontán e Sebas Cores.

Umia C.F.: Lucas Gallego, Joseph Steven Berrocal, Ángel García (Diego Rodríguez, 85′), Jonatan Romero (Raúl Abal, 85′), Alejandro Guillán, Antonio Vázquez (Manuel Veiga, 64′), Nicolás Conde, Jorge Fontán, Xabier Ares (Iago Barreiro, 64), Oumar Sidibe e Félix Agüín (Daniel Taracido, 74′).

Goles: 0-1 Félix Agüín (min. 12), 0-2 Ángel García (min. 27)

Árbitro: Francisco Javier Raposo, auxiliado por Luis Miguel Santiago e Mario Gago. Amonestou a Fernando R. Novegil polo Moraña e a Antonio Vázquez polo Umia.

Compárteo!

Deixa un Comentario