• Os nosos lograron remontar o partido cun gol no tempo de desconto.

  • Derbi moi intenso marcado pola expulsión do porteiro do Cuntis.

Xornada 22 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Cuntis para a disputa do derbi comarcal ante o Atlético Cuntis.

Plantel do Moraña fronte ao Cuntis

Partido de moita intensidade o disputado na tarde do domingo entre o Cuntis e o Moraña. A primeira parte foi de dominio local, na que os nosos se multiplicaron en tarefas defensivas para intentar contrarrestar o empuxe co que saíu o equipo local. Foi mediado o primeiro tempo cando o Cuntis conseguiu inaugurar o marcador. Un golpe que fixo que o Moraña empezara a intentar chegar con algo máis de perigo á portería contraria.

Xa no segundo tempo, cando transcorrían 5 minutos, chegou unha das xogadas clave do encontro. O porteiro do Cuntis foi expulsado despois de tocar o balón coa man fóra da área de meta. Cos nosos en superioridade numérica, empezamos a dominar o partido e Josiño logrou o empate no minuto 67 logo dun gran remate de cabeza cruzado. O Cuntis dispuxo dalgunha ocasión clara, sobre todo unha que a defensa do Moraña sacou sobre a liña de gol.

E na derradeira xogada do partido, chegaría o gol da vitoria para os nosos. Cando parecía que habería reparto de puntos, Ramón estivo atento a un rexeite do porteiro e logrou introducir o balón na portería, facendo a ledicia dos nosos afeccionados desprazados a Cuntis. Cabe destacar que o Moraña, ata o momento, venceu en tódolos derbis comarcais disputados. Esperamos que siga esta racha positiva para o que queda de tempada.

O vindeiro domingo tocaranos recibir a no campo de O Buelo ao Racing Castrelos F.C. para disputar a 23ª xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

Atlético Cuntis: Gabriel Iglesias, Antonio Castroagudín, Francisco De Pazos, Iván Castro (Carlos Vázquez, 84′), Javier López, (Ander San Juan, 35′) Abel Ferro (José Antonio Míguez, 69′), Ángel Romero, Iván Folgar, Martín Taboada, Rubén Souto e Arturo Benjamín Míguez.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Rubén Candal (Leroy Ruegg, 89′), Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui, Ramón Martínez (Domi García, 97′), Diego Pérez, Álvaro Bacariza, Dani Fontán (Víctor Calderón, 65′), Ángel Buceta, Sebas Cores e Jonatan Da Silva (Josiño Pérez, 65′).

Goles: 1-0 Abel Ferro (min. 21) 1-1 Josiño Pérez (min. 67) 1-2 Ramón Martínez (min. 90+6)

Árbitro: Tomás Balboa, asistido por Christian David Madroñero e Ainara Carou. Amonestou a Eduardo Muñiz, Martín Taboada, Iván Castro, Arturo Benjamín Míguez e expulsou a Gabriel Iglesias e Diego Vázquez polo Cuntis. Amonestacións a Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui, Rubén Candal, Diego Puga e Anxo Domínguez polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario