• O Ponte Caldelas logrou empatar o encontro no tempo de desconto.

  • Bo encontro dos nosos que non foi suficiente para conseguir traer os 3 puntos.

Xornada 27 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba A Lama para enfrontarse ao S.C.D. Ponte Caldelas.

Podedes ver os goles do Moraña ao final desta publicación.

O Moraña logrou rascar un punto fronte ao Ponte Caldelas, nun encontro que dispuxo de ocasións e alternativas para ambos conxuntos. Os nosos inauguraban o marcador logo dunha gran xogada colectiva que finalizaba Diego cun bo remate cruzado. Os locais conseguiron sobrepoñerse e empataron o partido xusto antes do descanso.

Despois da volta dos vestiarios, o Moraña conseguiu impoñer un pouco máis o seu xogo e obtivo o premio do gol a 10 minutos do final, obra de Ramón. Todo parecía indicar que traeriamos os tres puntos para Moraña, pero no tempo de desconto o Ponte Caldelas poñía o definitivo 2-2 no marcador. Un duro golpe para os nosos, que a piques estivo de ser peor xa que Carracedo fixo unha boa parada na derradeira xogada do encontro.

A vindeira xornada recibiremos ao Umia C.F. no campo de O Buelo.

FICHA TÉCNICA

S.C.D. Ponte Caldelas: Aitor Alfonsín, Antonio Martínez (Jacobo Garrido, 85′), Borja Enmanuel Muíños, Raúl Garrido, Adrián Francisco, Javier Martínez, Martín Castiñeira (Damián López, 45′), Plácido Pillado (Manuel Loureiro, 85′), Víctor Covelo, Álvaro Montes e Pablo Rodríguez.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Rubén Candal, 44′), Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (David García, 45′), Ramón Martínez, Diego Pérez (Leroy Ruegg, 83′), Álvaro Bacariza, Jorge Miser, Dani Fontán (Josiño Pérez, 83′), Sebas Cores e Ángel Buceta.

Goles: 0-1 Diego Pérez (min.34), 1-1 Adrián Francisco (min. 44), 1-2 Ramón Martínez (min. 80), 2-2 Raúl Garrido (min. 96)

Árbitro: Álvaro Solla, auxiliado por David Fernández e Borja Gómez. Amonestou a Damián López, Javier Martínez, Adrián Francisco, Jacobo Garrido e Pablo Rodríguez polo Ponte Caldelas e a Manu Carracedo, Ramón Martínez, Fernando R. Novegil, Diego Pérez e Rubén Candal polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario