-
O Caldas logra impoñerse ao Moraña no derbi comarcal.
-
A pesares de que o Moraña tratou de levar a iniciativa, o Caldas foi máis efectivo de cara a portería.
Xornada 29 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba o concello veciño de Caldas para enfrontarse ao Caldas C.F.
Os nosos perderon un derbi por primeira vez esta tempada despois de que o Caldas se impuxera por 2-0 na tarde do domingo. Foi un partido de alternativas no que o Moraña tratou de levar a iniciativa mediante a posesión do balón. O primeiro gol chegaría preto do descanso. Nun saque de banda en longo, o balón quedaría rexeitado dentro da nosa área e Iván Vidal inauguraba o marcador para o equipo local.
Na segunda parte, o partido seguiu a tónica habitual dos primeiros 45 minutos. O Moraña puido lograr o empate nunha clara ocasión na que Ramón non logrou axustar o seu disparo e o balón marchou por riba da portería. E a dez minutos do final, cos nosos volcados intentando facer a igualada, unha contra deixaría man a man ao seu dianteiro para poñer o 2-0 definitivo.
A vindeira xornada tocaranos recibir ao C.D. Beluso no campo de O Buelo.
FICHA TÉCNICA
Caldas C.F.: Alberto Cascallar, Álvaro Suárez (Daniel Domínguez, 71′), Salvador Cascallar, Roberto Vidal, Iván Vidal (Alejandro Novas, 87′), Carlos González (Joel Sánchez, 87′), David Alexander Grande, Iván Goldar, José Abuín, Adrián Souto (Hugo Cascallar, 84′) e Raúl Gil.
Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Víctor Calderón, 46′), Anxo Domínguez (Josiño Pérez, 58′), Jesús Losada (David García, 84′), Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (Dani Fontán, 58′), Ramón Martínez, Diego Pérez, Álvaro Bacariza (Ángel Buceta, 76′), Jorge Miser e Sebas Cores.
Goles: 1-0 Iván Vidal (min. 38), 2-0 Carlos González (min. 81)
Árbitro: Miguel Carreira, auxiliado por Estela Castro e Guillermo Torres. Amonestou a Iván Vidal e Alejandro Novas polo Caldas e a David Gevorgyan, Josiño Pérez e Jesús Losada polo Moraña.