• Os nosos acadaron un empate nun partido moi disputado e con ocasións.

  • Toca seguir sumando para acadar o obxectivo da permanencia.

Xornada 30 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao C.D. Beluso no campo do Buelo.

Reparto de puntos na calorosa tarde do domingo. O primeiro gol chegaría bastante cedo, obra de Jacobo logo dun impresionante disparo desde a esquina da área grande. Era o minuto 6 e o Moraña lograba adiantarse no marcador. O Beluso lograba a igualada logo dunha serie de rebotes desafortunados que acababa con gol en propia porta. O Moraña puido poñerse por diante xusto antes do descanso, pero o liña levantou a bandeira e o gol anulouse por fóra de xogo.

Logo da volta de vestiarios, as alternativas foron sucedéndose durante os seguintes 45 minutos. O Moraña creou perigo, sobre todo, coas chegadas por banda. Os visitantes dispuxeron da súa mellor ocasión nunha contra na que chegaron 4 atacantes contra 2 defensas, pero o tiro final saíu desviado. Co empate chegouse ao final do encontro.

A vindeira xornada tocaranos desplazarnos ata Vigo para enfrontarnos ao Atlántida Matamá.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Jesús Losada, Fernando R. Novegil (Leroy Ruegg, 83′), Jacobo Lazcano, Ramón Martínez (Domi García, 88′), Diego Pérez, Jorge Miser (Víctor Calderón, 78′), Dani Fontán (Roi García, 46′), Sebas Cores, Ángel Buceta (Moha El Hamdaoui, 33′) e Josiño Pérez (David García, 46′).

C.D. Beluso: Iker González, David Portela, Álex Fernández, Rubén Barreiro (Adrián Fernández, 89′), Diego Pouseu (Álvaro Ferreira, 89′), Marcos Pastoriza (David Calo, 71′), Teo Santomé (Darío Ferradás, 63′), Alejandro Cerviño, Santiago Bouzón, Víctor Martínez (Lope Quinteiro, 63′) e Jorge Millán.

Goles: 1-0 Jacobo Lazcano (min. 6), 1-1 Ángel Buceta PP (min. 12)

Árbitro: Francisco José Crespo, auxiliado por Víctor Eduardo Mosquera e Gabriel Tierno. Amonestou a Dani Fontán, Jacobo e Francisco Rodríguez polo Moraña e a Álex Fernández e Jorge Millán polo Beluso.

Compárteo!

Deixa un Comentario