O MORAÑA VETERANS, VIAXOU A VIGO COMO VÉN SENDO XÁ HABITUAL TODOS OS ANOS, PRA DISPUTAR UN AMIGABLE CO  VETERÁNS DE TORALLA. A PESAR DA TARDE INVERNAL,  IMPROPIA DO MES DE XULLO, O ENCONTRO RESULTOU MOI DIVERTIDO, EVIDENCIANDO UNHA CLARA SUPERIORIDAD OS DO CARNEIRO.

ALIÑACIÓNS:

VETERANOS TORALLA: Edu; David, Jorge Otero, Ballesta, Juan; Emilio, Cuña, Quique, Brito; Alfredo Rodríguez e Valerón.

A.C.D. MORAÑA: Javier Maté; Yeyo(30’Vari, 70′ Rúa), Roberto, Rafa Saez, Abreu(30’Ventura); Nico(30’Gerino),Mario Costas(30’Urbano), Fernando, Esteban;Santiño e Santi Paz.

GOLES:

0-1. Minuto 17, gran xogada de Santiño, con pase en profundidade a Nico, entrando ata a liña de fondo, dando o pase da morte, pra que remate Santi Paz, o fondo da rede.

0-2. Minuto 28, gran xogada persoal de Santi Paz, sendo derrubado dentro da area, executándo de forma maxistral a pena máxima, engañando o bo porteiro Edu.

1-2. Minuto 35, xogada elaborada dende o centro do campo por Jorge Otero, cedendolle o esferico a Alfredo Rodríguez, que de tiro raso bate a Javier Maté.

1-3. Minuto 40, nova xogada entre Santiño e Nico, cedendolle este último o balón a Esteban, para que de tiro raso bata novamente a Edu.

1-4.  Minuto 65, nova xogada de Nico por banda dereita, que tras sortear a varios contrarios, cedelle o esferico a Urbano para bater novamente a un desesperado Edu.

ARBITRO: Encontro asubiado por o colexiadovigués Sr. Oliveira, facendo un moi bó arbitraxe, demostrando unha gran preparación fisica e pasar totalmente desapercebido como os grans colexiados.

INCIDENCIAS: Encontro xogado as 8 da tarde, no campo do Bao do Coruxo., C.F., con un terreo de xogo en moi boas condicións,  a pesar da insistente choiva durante todo o encontro, nunha tarde fria e desapacible. Despois do encontro ambos equipos tuveron un acto de confraternidad nun centro restaurante de Coruxo, posteriormente presenciaron o Combate Naval, con motivo das festas do Carmen. No Moraña alinearon Roberto (Marin), Urbano (Merendero), Fernando (Caleiro) e Abreu, demostrando todos eles unha gran calidade futbolistica, realizando un gran  partido.

DESTACADOS: Por o Illa de Toralla, sobre todos,  Jorge Otero, demostrando unha gran calidade e moi boa preparación fisica, Ballesta, Alfredo Rodríguez, Valerón e o gardameta Edu. Por o Moraña, todos estiveron a gran altura, merecendo un destinción especial, Santi Paz, que trouxo tolos a os defensas contrarios, Santiño e Fernando.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do encontro.
[nggallery id=25]

Compárteo!

Deixa un Comentario