O Moraña C.F entristécese ao comunicar que un dos nosos xogadores máis emblemáticos e con tirón dentro da Categoría de Veteranos foi seducido polos «yuanes» chinos e acaba de firmar polo Shangai SIPG.

O equipo chinés realizou unha oferta irrexeitable que a Xunta Directiva tivo que aceptar, tendo en conta ademáis o desexo do propio xogador que mostrou a conformidade á fichaxe dende un primeiro momento. O Shangai precisaba dun xogador de corte defensivo, con entrega e sacrificado, que non parara de correr en ningún momento do partido, que non arriscara co balón nos pes e que soltara rápido a pelota, e este perfil atopárono no xogador da Amil.

Non trascenderon as cantidades desta operación, que se intúe astronómica, pero o que sí está claro é que Eloy poderá desenvolver todo o seu fútbol nesta nova Superliga China.

Dende o Moraña C.F. desexámoslle toda a sorte do mundo!!

Compárteo!

Deixa un Comentario