Tralo seu paso polo Estradense, Rodrigo volve ao Moraña C.F. para esta segunda volta. O dianteiro ven con moita ilusión e ganas de facer o que mellor sabe: goles. Este domingo xa estará a disposición do míster para o encontro ante o Caselas.

Tamén volta Castillo, tralo tempo no que estivo fóra de Galicia a formar parte do noso plantel. Dúas grandes novas e moita ilusión para todo o Moraña C.F. Vamos!!!

Compárteo!

Deixa un Comentario