Prebenxamíns 3-3 U.S.D. O Grove

Segundo empate consecutivo na segunda fase da liga para os Prebenxamíns. O partido comezou e os visitantes cunha presión alta non nos permitían sair do noso campo, e costabanos dar pases para sair.
Cando chegamos a súa área conseguiamos xerarlle perigo. O primeiro gol chega cun disparo de Xoel que entra pegado o pau, mediado o primer tempo. O Grove empata aos poucos minutos.
Pero o pouco do remate da primeira metade, Dani fai o segundo cun tiro cruzado.
No segundo tempo, empatan no saque de centro. O seu xogo baseábase en disparos moi fortes e lonxanos, e tratando de collernos a espalda a defensa que estaba en medio campo.
Cun tiro de falta póñense por diante. Nos intebamos o empate e os visitantes a base de contras creaban perigo, pero entre a defensa e Lucas conseguían evitalo.
Diego fai o empate nunha contra. Tivemos oportunidades de poñernos por diante pero non fomos capaces de materializalas, e o resultado final foi este 2-2.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Diego Torres, Diego Arzúa, Mauro, Iñaki, Fabio, Gabi e Xoel.

U.S.D. O Grove.:  Santos, Xoan, Denis, Jairo, Xyan, Uxia, Eric, Martin e Álex.

Marcaron: Xoel, Dani e Diego Torres.

E.F.B. Moañesa «B» 2 – 2 Benxamíns

Desplazamento largo dos Benxamíns, que visitaron o Casal en Moaña para o seu encontro de xornada ligueira na mañán do domingo.. Un partido en terras do Morrazo do que os nosos rapaces trouxeron un empate a 2 grazas a un doblete de Lucas. Bo traballo!!

Ficha técnica

E.F.B. Moañesa «B»:  Denis, Nico, Pablo, Diego, Álex, Izan, Hugo, Pablo, Andrés e Enzo e Nico.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Saúl, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro e Héctor

Marcou: Lucas (2).

E.F. Villa de Marín 1 – 4 Alevíns

Os Alevíns de F11 acadaron na última xornada desta fase da Liga a súa primeira victoria da tempada nun gran encontro, en San Pedro ante a E.F. Villa de Marín. Foi Rubén quen abriu o marcador no minuto 20, ampliando Mario no 42. No minuto 58 a E.F. Marín recurtaba por medio de Eric, pero de novo Mario no 66 e no 70 certificaba esta primeira victoria, merecida polo traballo realizado. Noraboa!

Ficha técnica

E.F. Villa de Marín:  Miguel, Raúl, Luan, Pablo, Anxo, Brais, Fernando, Eric, Dani, Luis, Aarón, Martín, Hugo, William, Sofía e Díaz.

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Joel, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón e Mario. Tamén xogaron Óscar, Ethan, Miguel, Xurxo e Bruno.

Goles: 0-1 Rubén (min. 20); 0-2 Mario (min. 42); 1-2 Eric (min. 58); 1-3 Mario (min. 66); 1-4 Mario (min. 70).

Cadetes 1 – 1 S.D. Amanecer

Sábado pola mañán, os Cadetes viron como se lle escapaban dous puntos no último suspiro nun encontro moi igualado coa S.D. Amanecer. Tras unha primeira parte sen goles, foi Álvaro no 56 o que adiantaba ao Moraña. Coa renta mínima foi avanzando o encontro e cando parecía que os puntos non se escapaban, Gabri facía o empate no minuto 78, deixando o marcador final en empate 1-1.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan, Jorge e Aday. Tamén xogaron Lucas, Hugo, Anxo, André e Joel.

S.D. Amanecer:  Brais, Dani, Pablo, Mariña, Adrián, Roi, Xabi, Álvaro, Forte, Otero e Marcos. Tamén xogaron Gabri, Marcos e Yeray.

Goles: 1-0 Álvaro (min. 56); 1-1 Gabri (min. 78).

Xuveniles 4-2 C.D. Bamio

Os Xuveniles recibiron ao C.D. Bamio na tarde do sábado no Buelo. Un encontro que os nosos encarrilaron e tomaron vantaxe, e no que a reacción visitante fixo temer polo resultado. Simón no 12 e Pablo González no 15 poñían aos nosos por diante cedo, facendo o terceiro Aboy antes do descanso. Con este 3-0 ao descanso, o Moraña saíu máis confiado nesta segunda parte, feito que aproveitou Alejandro para firmar un doblete con goles de Alejandro no 63 e 67. Este 3-2 poñía incertidume, pero Jorge no minuto 79 detiña  esta reacción visitante e deixaba o marcador no definitivo 4-2 que valía 3 puntos para os nosos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Sergio, Rubén, Jorge, David, Pereira, Aboy, Pablo González, Marcos, Joel e Simón. Tamén xogaron Dani e Pedro.

C.D. Bamio.: Felipe, Leal, Iván, Diego, Alberto, Pablo, Rubén, Alejandro, Xoan, Andoni e Marcos. Tamén xogaron Pablo, Javi e Luis.

Goles: 1-0 Simón (min. 12); 2-0 Pablo González (min. 15); 3-0 Aboy (min. 39); 3-1 Alejandro (min. 63); 3-2 Alejandro (min. 67); 4-2 Jorge (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario