Prebenxamíns 3 – 3 A.X. Saraiba do Mar

 

Nova xornada de Liga para os nosos Pres, que recibían no Buelo nun día moi desapacible ao A.X. Saraiba do Mar. O encontro comezou con dominio claro dos visitantes, que se adiantaron no marcador no minuto 8 por medio de Martín. No 12, aumentaba Iker a renta: roubo na frontal e un forte disparo que rexeita en Diego, rexeite que Iker aproveita para batir a Lucas. O Moraña consegue recuortar nun saque de esquina, que tras varios rexeites remata os pes de Diego T. que cede a Brais para enviala ao fondo da rede. 1-2 ao descanso.

Na segunda meta, o encontro igualouse aínda máis, logrando Dani nunha rápida contra o empate 2-2 no minuto 34. De novo o Saraiba logra adiantarse, nunha mala salida de balón local que tras roubo, de novo Iker transforma. Chegou o empate no último tramo, cando no 42 nun saque de córner, o balón chégalle a Brais, que cede a Xabi no segundo pao para que poña o 3-3. Tivo o Moraña a victoria na última xogada, cando Diego logra regatear ao porteiro, pero a defensa do Saraiba logra sacar o balón na liña de meta.

Noraboa a estes dous equipos que nos regalaron un gran partido nunhas condicións metereolóxicas moi adversas.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Fabio, Diego Torres, Diego Arzúa, Iñaki, Gabi e Mauro.

A.X. Saraiba do Mar.:  Lucas, Iker, Xabi, Enzo, Felipe, Martín, Jesús, Pablo e Joan.

Goles: 0-1 Martín (min. 8); 0-2 Iker (min. 12); 1-2 Brais (min. 15);  2-2 Dani (min. 34); 2-3 Iker (min. 38); 3-3 Xabi (min. 42)

C.D. Ribadumia 13 – 0 Benxamíns

Os Benxamíns visitaban A Senra en cadro, nun partido que estivo marcado claramente pola profundidade do banquillo. Os nosos só contaban con 9 xogadores para este encontro, e iso, tendo en conta as condicións climatolóxicas foi chave, xa que as forzas duraron o que puideron. Os locais marcharon xa ao descanso cunha clara vantaxe de 6-0, que aumentaron na segunda metade ata o 13-0 final. Ánimo  e a seguir!!

Ficha técnica

C.D. Ribadumia:  Hugo, Iago, Martín, Borja, Luisa, Álvaro, Yago, Cao, Prado, Ángel, Lucas, Uriel, Méndez e Pablo.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Anxo, DIego, Héctor, Saúl, Iago, Xurxo, Pedro e Breixo Ferrín.

Goles: Álvaro (2), Ángel (2), Méndez, Borja (2), Lucas (3), Yago, Martín e Uriel.

Umia C.F. 3 – 2 Alevíns

Encontro moi igualado o que xogaron os nosos Alevíns de F11 na Bouza na mañán de domingo, ante un Umia C.F. que plantexou unha dura batalla. Adiantouse o Moraña con gol de Lucas no minuto 23, logrando manter esta vantaxe pola mínima ao descanso. Na reanudación, Aarón no 38 e Bruno no 47 dábanlle a volta ao marcador. Mario no minuto 66 parecía sentenciar co 3-1, pero o Moraña recurtou e puxo emoción aos último suspiro co gol de Mario no desconto. Bo traballo, a seguir medrando!!

Ficha técnica

Umia C.F.:  Mateo, Dani, Lucas, Rodri, Aarón, Fer, Bruno, Mario, Iker, Gómez, Pablo e Anxo.

Moraña C.F.:  Óscar, Pablo, Ethan, Mario, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Aarón, Antón, Miguel, Héctor, Xurxo, Jonathan, Anxo e Darío.

Goles: 0-1 Lucas (min. 23); 1-1 Aarón (min. 38); 2-1 Bruno (min. 47); 3-1 Mario (min. 66); 3-2 Mario (min. 71).

Barro C.F. 0 – 2 Cadetes

Os Cadetes seguen na boa liña que levan a marcar toda a tempada, coa súa quinta victoria consecutiva. Desta volta, nun derbi en Outeiro-Perdecanai ante o Barro C.F. O encontro estivo marcado pola igualdade e só os pequenos detalles foron os que fixeron as diferencias. Tras uns primeiros 40 minutos nos que o marcador non se moveu, Mateo lograba adiantar ao Moraña no 53. O Barro non baixou os brazos, poñendo aos nosos en apuros, pero no 73 un gol en propia meta de Gabri poñía o marcador no definitivo 0-2 co que rematou a contenda. Noraboa rapaces, a seguir igual!

Ficha técnica

Barro C.F.: Damián, Brais, Ángel, Gabri, Iker, Padín, Fernández, Diego, Yago El Mehdi e Julián. Tamén xogaron David, Pablo e Marcos.

Moraña C.F.: André, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan, Jorge e Aday. Tamén xogaron Óscar, Hugo, Joel, Abal e Saúl.

Goles: 0-1 Mateo (min. 53); 0-2 Gabri p.p. (min. 73).

Xuveniles 1-0 Mosteiro C.D.

Un solitario gol de Alboy á media hora de xogo serviu para que os nosos Xuveniles volveran á senda da victoria trala derrota da semana pasada ante o Sanxenxo. O rival desta xornada, o Mosteiro, que pelexou a reo para sacar puntos desta visita ao Buelo, nun campo con bastante auga e cunhas condicións climatolóxicas moi duras. Gran traballo deste equipo, que pelexou os 90 minutos e se mostrou moi forte, defendendo este gol de Alejandro Alboy na primeira metade. A seguir así, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Joel, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Alboy, Pablo González, Marcos e Pablo Fraga. Tamén xogaron Adonis, Jorge, Dani, Pedro e Simón.

Mosteiro C.D.: David, Álex, Gonzalo, Santi, Pablo, Miguel, Bruno, Brais, Óscar, Jonathan e Manuel. Tamén xogaron Falcón, Miguel, Sergio e Álex.

Goles: 1-0 Alboy (min. 30).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario