Portonovo S.D. 8 – 1 Benxamíns

Na mañán do domingo, os Benxamíns visitaron Baltar, para enfrontar ao Portonovo S.D. Un encontro no que os nosos viaxaron en cadro polas baixas, e os locais se mostraron superiores. Pese a que loitaron a reo, o Portonovo puxo terra de por medio cedo, e fixéronse coa victoria por 8-1 tralos 50 minutos. A seguir pelexando, rapaces!!

Ficha técnica

Portonovo S.D.:  Lucas, Isaac, Brais, Hugo, David, Igancio, Iván, Brais, Joaquín, Roi e Cesc.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Anxo, Diego, Saúl, Iago Xurxo, Lucas.

Alevíns 0 – 5 A.C.D. A Seca

Os Alevíns xogaron sábado pola mañán no Buelo ante os pontevedreses da A.C.D. A Seca. Un encontro que se lles puxo costa arriba nos primeiros 10 minutos, xa que cos goles de Iker e Xandre, A Seca poñíase 0-2 no marcador. Na segunda metade, os visitantes aumentaron a vantaxe, con doblete de Gabriel e Paul deixaron o electrónico no definitivo 0-5. A seguir traballando, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Pablo, Ethan, Mateo, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel, Mario, Óscar, Joel, Antón, Xurxo e Héctor.

A.C.D. A Seca:  Manu, Beltrán, Aarón, Samu, Carlos, Iker, Nico, Paulo, Xandre, Emilio, Gabriel, Luis, Salva, Adolfo, Tomás e Marcos.

Goles: 0-1 Iker (min. 6); 0-2 Xandre (min. 7); 0-3 Gabriel (min. 36); 0-4 Paul (min. 49); 0-5 Gabriel (min. 65).

Cadetes 3 – 2 E.D. Arousa «B»

Sufrida victoria dos Cadetes este sábado, no que recibían no Buelo á E.D. Arousa «B». Os nosos tiveron que traballar a reo para facerse cos tres puntos. Abel adiantaba os nosos no minuto 11, pero só tres minutos despois Vicen poñía a igualada. Este empate 1-1 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, Mateo puxo de novo por diante ao Moraña no minuto 60, pero e novo a E.D., con gol de Víctor no 67 igualaba. Tivo que ser Mateo de novo o que no minuto 72 facía o definitivo 3-2, co que os Cadetes se facían coa victoria para seguir coliderando a clasificación. Bo traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan, Jorge, Aday. Tamén xogaron Anxo, Hugo, André, Joel e Alejandro Abal.

E.D. Arousa «B»: Pedro, Miguel, Vicen, Román, Víctor, Richi, Inés, joge, Víctor, Javi, Bruno. Tamén xogaron Miguel, Álex, Saúl e Yeray.

Goles: 1-0 Abel (min. 11); 1-1 Vicen (min. 14); 2-1 Mateo (min. 60); 2-2 Víctor (min. 67); 3-2 Mateo (min. 72).

Barro C.F. 0 – 0 Xuveniles

No derbi de Xuveniles xogado na tarde do sábado en Outeiro-Perdecanai, reparto de puntos entre o Moraña C.F. e o Barro. Un encontro no que houbo opcións para os dous conxuntos, pero no que nos 90 minutos non se viron goles. Con este empate, os nosos xuveniles suman xa 17 puntos, manténdose na sexta plaza. A seguir!!

Ficha técnica

Barro C.F.: Damián, Manu, Diego, Álex, Jose, Amador, David, Carlos, Gabri, Antonio e Dani. Tamén xogaron Mario, Alexandre, Jacobo, Saúl e Diego.

Moraña C.F.: Joel, Sergio, Adonis, Tubén, David, Pereira, Alboy, Pablo González, Dani, Simón e Marcos. Tamén xogaron Isma, Pablo Sende, Jorge, Iván e Raúl.

Compárteo!

Deixa un Comentario