Benxamíns 5 – 1 Atl. Cuntis «B»

Os Benxamíns recibían ao Atl. Cuntis «B» na mañán do sábado para  xogar un auténtico «miniderbi». Os nosos xogaron a un gran nivel, e foron quen de facerse coa victoria. Xa foron encarrilando o encontro na primeira metade, chegando ao descanso con vantaxe de 3-0. Nos segundos 25 minutos, o encontro seguiu pola misma liña, puidendo desfrutar de máis goles e deixando o marcador no definitivo 5-1. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Anxo e Saúl.

Atl. Cuntis «B»:  Daniela, Brais, Pol, Pena, Naiara, Xabi, Marcos, Pedro, Hugo, Soufian e Manu.

Juv. Cambados 7 – 0 Alevíns

Nova viaxe para os nosos Alevíns de F7, que visitaban O Pombal, para xogar ante o Juv. Cambados. Os nosos seguiron traballando a reo durante os 70 minutos, mantendo a intensidade e buscando mellorar paso a paso. Pero os locais foron superiores, chegando xa ao descanso con vantaxe de 3-0 e finalizando o encontro cunha clara victoria por 7-0. A seguir remando, rapaces!

Ficha técnica

Juv. Cambados:  David, Pablo, Martín, Manu, Alberto, Pablo, Kevin, Roi, Aira, Álex, Felipe, Mateo, Santi, Gabriel, Iván e Casais.

Moraña C.F.:  Óscar Suárez, Pablo Montán, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleix, Rubén, Nico, Antón, Miguel, Joel, Darío e Xurxo.

Goles: Felipe  (2), Manu, Kevin, Roi, Álex e Samu.

Cadetes 5 – 0 S.D. Puentearnelas

Os Cadetes seguen sumando nesta Liga, desta volva vencendo no Buelo á S.D. Puentearnelas. Os nosos volveron xogar a un gran nivel e con solvencia, e superando a un rival que comezou o encontro moi ben plantado no terreo de xogo. Foi Álvaro quen abriu o marcador no 22, e Mateo cun doblete (no 24 e 36) deixaba o encontro encarrilado ao descanso cun claro 3-0. Na segunda metade, de novo Mateo marcaba, e case co pitido final, Álvaro pechaba a conta co definitivo 5-0. A seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Jonathan, Hugo, Joel e Aday. Tamén xogaron Óscar, Abel, Anxo, Jorge e Saúl.

S.D. Puentearnelas: Santi, Fernando, Raúl, Rubén, Mateo, Alberto, Anxo, Rubén, Juan, Elías e Cristian. Tamén xogaron Javi e Pedro.

Goles: 1-0 Álvaro (min. 22); 2-0 Mateo (min. 24); 3-0 Mateo (min.36); 4-0 Mateo (min. 58); 5-0 Jonathan (min. 79).

Xuveniles 0 – 2 C.D. Ribadumia «B»

Os Xuveniles recibiron tamén na mañán do sábado ao Ribadumia «B» en encontro ligueiro. Un partido moi igualado e no que os dous equipos xogaron a gran nivel. Tras unha primeira metade na que non se viron goles, nada máis reanudar o encontro Fernando poñía por diante aos visitantes. Este gol marcou o encontro, xa que o Ribadumia pechou liñas e o Moraña tivo que tomar más riscos para buscar o empate. Nesta tesitura, Adrián no minuto 82 sentenciaba o encontro facendo o 0-2, que foi definitivo. Ánimo e a seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Joel, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, Jorge, David, Alboy, Dani, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Pereira, Pablo González, Iván, Marcos e Raúl.

Moraña C.F.: Miguel, Isaac, Miguel Ángel, Jorge, Adri, Brais, Iván, Luis, Roberto, Carlos, Joel. Tamén xogaron Andrés, Brais e Fernando.

Goles: 0-1 Fernando (min. 48); 0-2 Adrián (min. 82).

Compárteo!

Deixa un Comentario