Aquí deixamos os resumos de todos os encontros xogados pola nosa base nesta fin de semana!!

Prebenxamíns 3 – 5 Barro C.F.

Nova xornada de Liga para os nosos Pres, que xogaron ante o Barro C.F. un intenso derbi na mañán do sábado. Os peques de ambos equipos, loitando cun intenso frío, non decepcionaron ao público asistente. Adiantouse o Barro C.F. no marcador cunha gran saída. Jose fixo 2 goles nos 4 primeiros minutos. Latas, no 20 facía o terceiro, recurtando Saúl no 23.

Tralo descanso, Latas facía dous máis para certificar o seu hattrick, poñendo o marcador en 1-5. No último tramo os nosos reaccionaron, puidendo recortar con goles de Iago e Fernando ata o 3-5 final.

Bo partido dos dous equipos!! A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Saúl, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Hugo, Héctor e Adrián.

Barro C.F.: Aaron, Hugo, Latas, Samu, Jose, Xian, Carlos, Mateo, Torres, Darío, David, Sergio e Maquieira.

Goles: 0-1 Jose (min. 1); 0-2 Jose (min. 4); 0-3 Latas (min. 20); 1-3 Saúl (min. 23); 1-4 Latas (min. 30); 1-5 Latas (min. 36); 2-5 Iago (min. 41); 3-5 Fernando (min. 48).

E.F.B. Terra de Montes 3 – 6 Benxamín «B»

Partido complicado para o Benxamín «B», que tivo que facer fronte a un largo viaxe, a unha superficie de xogo que non dominan e a un intenso frío. Malia todo, os nosos, que comezaron dubitativos, foron entonándose. O equipo local comezou forte, facendo dous goles, de Juan e Xabier nos minutos 5 e 8. A reacción morañesa non se fixo esperar, e Yosi acadou o empate con dous goles nos minutos 13 e 14. Dani volvía a poñer aos Terra de Montes en vantaxe no 22, e Yosi facía de novo o empate antes do descanso.

Na segunda parte, Xoel e Yosi poñían terra de por medio, con dous goles no 31 e no 43. Juan poñía picante no último tramo, facendo un gol no 46 pero case co pitido final, Yosi de novo mataba o encontro co definitivo 4-6.

Gran traballo destes rapaces, noraboa!!

Ficha Técnica

E.F.B. Terra de Montes: Mariña, Mauro, Leo, Juan, Román, Xurxo, Francisco, Xabier, Felipe e Daniel.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosi e Pablo.

Goles: 0-1 Juan (min. 5); 0-2 Xabier (min. 8); 1-2 Yosi (min. 13); 2-2 Yosi (min. 14); 3-2 Dani (min. 22); 3-3 Yosi (min. 24); 3-4 Xoel (min. 31); 3-5 Yosi (min. 43); 4-5 Juan (min. 46); 4-6 Yosi (min. 49).

C.E.D. Cotobade 0 – 14 Benxamíns «A»

O Benxamín «A» viaxou a Cotobade na mañán do domingo para xogar o seu partido ligueiro. Os nosos xogaron un encontro moi completo, no que todos os rapaces puideron aportar para sacar adiante este enfrontamento. Os nosos acadaron un resultado contundente, no que ata 8 xogadores puideron marcar.

A seguir traballando así!!

Ficha Técnica

C.E.D. Cotobade.: María, Kidist, Juan, Anxo, Pablo, Adrián, Víctor, Marcos e Álex.

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Pablo, Aitor, Xabi, Lucas, Aleixo, Ethan, Nico, Iker, Iago, Darío Redondo, David e Jonathan.

Goles: David (4), Xabi (2), Lucas (2), Aitor (2), Iker, Ethan, Iago e Aleixo.

C.D. Portas 2 – 1 Alevines

Outro derbi para os Alevines, que viaxaron á Rapeira na mañán do domingo para xogar ante o Portas. Os nosos competiron ben durante todo o encontro, deixando boas sensacións. Adiantouse o Portas por medio de Hugo no minuto 5, sendo este 1-0 o resultado no descanso. Na segunda parte, Denis facía o 2-0 nada máis comezar poñéndollo aínda máis difícil aos nosos.

Os alevíns non pararon de pelexar buscando remontar, pero o gol que encamiñaba o posible empate chegou demasiado tarde, cando Aday facía o 2-1 no 44. Non houbo tempo para máis goles, e ao final dos 50 minutos 2-1 no marcador.

Bo traballo dos Alevíns!! A seguir así!!

Ficha Técnica

C.D. Portas: Yago, Dani Xabi, Raúl, Andrea, Hugo, Jose, Anxo, Xurxo, Denis, Brais, Lucía, Diego e Jose.

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Álex, Jorge, David, Aday, Hugo e Brais.

Goles: 1-0 Hugo (min. 5); 2-0 Denis (min. 26); 2-1 Aday (min. 44)

A.C.D. Ancora D´Ouro F.S. 4 – 4 Infantiles

Un encontro cheo de goles foi o que viviron os nosos Infantiles onte en Chan do Piñeiro na mañán do sábado. Os rapaces de Sara tiveron a victoria na man, pero escapóuselles no último suspiro. Adiantouse o Moraña no minuto 9, pero reaccionando rápido o Áncora, con Iván marcando o empate no 11. Amestoy puxo aos nosos en vantaxe de novo no 14, e Domi cun doblete no 21 e 35 poñían un claro 1-4 a favor dos nosos. Pero os locais non baixaron os brazos. Ángel reaccionaba só un minuto despois deste último gol de Domi, e deixaba o marcador en 2-4 antes do descanso.

Na segunda metade, o Áncora poñía máis emoción, facendo o 3-4 no minuto 55. Quedaba aínda moito e calquer detalle podía marcar o devenir do partido. Pero os dous puntos escaparon como máis doe: case na última xogada do partido, Andrés marcaba un penalti que deixaba o partido 4-4. Reparto de puntos despois dos 80 minutos. A seguir, Infantiles!!

Ficha Técnica

A.C.D.: Óscar, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Hugo, Damián e Iván. Tamén xogaron André, Javi, Sergio, Marta e Joel.

Moraña C.F.: Iago, David, Miguel, Andrés, Hugo, Pablo, Iván, González, Roberto, Ángel e Alejandro. Tamén xogaron Jorge, Samuel, Dani e Alejandro.

Goles: 0-1 Alejandro (min. 9); 1-1 Iván (min. 11); 1-2 Amestoy (min. 14); 1-3 Domi (min. 21); 1-4 Domi (min. 35); 2-4 Ángel (min. 36); 3-4 Pablo (min. 55); 4-4 Andrés (min. 79).

Xuveniles 2 – 2 Juv. Cambados «B»

Outro encontro con goles e que se definiu no último suspiro, foi o que xogaron no Buelo os Xuveniles. Os de Juan adiantáronse cedo, con gol de Xián no minuto 17, ao que Antolín contestou no 27. Chegouse ao descanso con este resultado de 1-1.

E na segunda parte, a pesares de que ambos os conxuntos gozaron de ocasións, deixaron o desenlace para o último tramo. No 88 Manu Sayáns facía o 2-1, que parecía case definitivo e que ía a deixar os 3 puntos en Moraña, pero na última xogada do partido, o colexiado sinalou un penalti. A Diego non lle puido a presión, e no 89, poñía o definitivo 2 a 2.

Ánimo e a seguir chollando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Adri, Manu Sayáns, Álex, Pablo González, Reboredo, Isma, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Saúl, Abalo e Andrés.

Juv. Cambados «B»: Sergio, Jose, Mario, Emilio, Diego, Antolín, Marcos, Yerai, José, Diego e Pablo. Tamén xogaron Adrián, Yago, Diego e Cristian.

Goles: 1-0 Xián (min. 17); 1-1 Antolín (min. 27); 2-1 Manu Sayáns (min. 88); 2-2  Diego (min. 89).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario