Prebenxamíns  – E.F. Portero 2.000

Primeiro encontro amistoso desta tempada para os nosos Prebenxamíns, ante un rival máis rodado e que tivo o dominio do encontro nos 50 minutos, sobre todo na primeira metade.

Na segunda metade, os nosos melloraron un chisco, tendo algún achegamento máis á portería rival, aínda que xerando pouco perigo. Malia que os pontevedreses se fixeron coa victoria, o Moraña foi quen de facer un gol, obra de Diego Torres ao transformar un penalti.

Xogaron: Lucas, Dani, Diego Torres, Diego Arzúa, Brais, Xabi, Xoel, Manu, Fabio e Gabi.

Benxamíns 3 – 3 E.F. Portero 2.000

Outro amigable para comezar a tempada para os nosos Benxamíns, que se saldou cun empate a 3 tras un encontro moi igualado. Os nosos deixaron bo sabor de boca, competindo en todo momento e conquerindo un meritorio empate ante un rival máis rodado. A seguir traballando!

Alevíns 1 – 7 Salgueiriños C.F.

Debut ligueiro do noso Alevín de F11 na casa, ante o Salgueiriños C.F. Un encontro no que o Moraña se adiantaba cedo, con gol de Rubén. Pero os pontevedreses reaccionaron rápido, e no minuto 6 Rubén e no 12 Jorge dábanlle a volta ao encontro, chegando ao descanso con 1-2 no marcador.

Na segunda metade, o Salgueiriños foi moi superior, e cos goles de Guiller, Gabri, Mauro, Adri e Lois, facíanse cos tres puntos cun marcador final de 1-7. A seguir traballando, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Pablo, Ethan, Miguel , Mateo, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón e Mario. Tamén xogaron Yosi, Jonathan, Joel, Darío e Xurxo.

Salgueiriños C.F.:  Luis, Miguel, Óliver, Álex, Jorge, Mauro, Rubén, Yago, Gabriel, Lois e Diego. Tamén xogaron Dani, Adrián, Guiller, Manuel e Anxo.

Goles: 1-0 Rubén (min. 4); 1-1 Rubén (min. 6); 1-2 Jorge (min. 12); 1-3 Guiller (min. 47); 1-4 Gabri (min. 52); 1-5 Mauro (min. 62); 1-6 Adri (min. 67); 1-7 Lois (min. 79).

Unión Dena C.F. 0 – 3 Cadetes

Outro debut ligueiro na tarde de hoxe foi o que viviron os cadetes, que se enfrontaban ao Unión Dena no sempre difícil campo de As Cachizas. Os nosos saíron con forza ao encontro, buscando dominar e poñerse por diante, pero o traballo defensivo do Dena fixo efecto e o encontro chegou ao descanso con empate a cero.

Na segunda metade, chegaron os goles. Foi Álex quen abreu a lata no minuto 51 poñendo ao Moraña por diante. Este gol foi chave, xa que o Dena tivo que arriscar e ir a buscar o empate, deixando máis espacios. Así no 68 Lucas facía o segundo, e xa co tempo cumplido, no desconto, Mateo deixaba o marcador no definitivo 0-3. Bo traballo, rapaces!!

Ficha técnica

Unión Dena C.F.:  Iván, Diego, Dani, Brais, Sergio, Javi, Varela, Iván, Dani, Xavi e Samu. Tamén xogaron Rober, Christian e Diego.

Moraña C.F.:  Óscar, Dani, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan e Hugo. Tamén xogaron André, Jorge, Dami, Marta e Aday.

Goles: 0-1 Álex (min. 51); 0-2 Lucas (min. 368); 0-3 Mateo (min. 84).

Portonovo S.D. «B» 2 – 3 Xuveniles

Os Xuveniles tamén comezaron a súa participación na Liga, neste caso en Baltar de Arriba ante o Portonovo S.D. «B». Os nosos saíron ao encontro con ganas de sacar o partido adiante, pero os primeiros minutos foron de tanteo. Á media hora, o Portonovo conseguía poñerse en vantaxe, por medio de Juan, sendo este 1-0 o resultado ao descanso.

Na segunda metade, o encontro encheuse de emoción. Pablo Fraga no minuto 51 poñía a igualada 1-1, pero só 3 minutos despois, Iago volvía a poñer por diante aos locais. E só catro minutos despois, David volvía a poñer a igualada no electrónico 2-2. Parecía que o encontro ía a rematar con este resultado de 2-2, pero no último tramo, Pablo Fraga de novo facía o definitivo 2-3 co que os nosos rapaces traen os tres puntos para Moraña. Noraboa!

Ficha técnica

Portonovo S.D. «B»:  Jairo, Carlos, Tomás, Iago, Iván, Brais, Miguel, Juan, Dani, Santi e Moisés. Tamén xogaron Alberto, Rubén, Álex, Hugo e David.

Moraña C.F.:  Jorge, Isma, Sergio, Pablo Sende, David, Pereira, Álex Alboy, Pablo González, Dani, Marcos e Pablo Fraga. Tamén xogaron Rubén, Jorge Correia, Iván, Joel e Simón.

Goles: 1-0 Juan (min. 33); 1-1 Pablo Fraga (min. 51); 2-1 Iago (min. 55); 2-2 David (min. 59); 2-3 Pablo Fraga (min. 74)

Compárteo!

Deixa un Comentario