Biberóns 1 – 3 Puentecaldelas «B»

 

Derradeira xornada para os nosos Bibes na Liga de Poio, ante o Puentecaldelas «B». Un encontro moi competido, con ocasións para ambos equipos e cheo de emoción. Os nosos comezaron moi forte dominando e non permitindo que o Puentecaldelas chegase á portería. Pouco a pouco o Puentecaldelas foise refacendo e empezou a chegar e nunha contra tras un rechace marcanos o primeiro, resultado co que chegamos o descanso.
Trala reanudación os nosos sairon a polo partido e nunha contra Xoel marca o gol morañés. Seguiron intentando pero non o conseguimos a pesar de dispoñer de varias ocasións, sobre todo á contra.
Tras un mal despexe marcamos un gol en propia a poucos minutos do final, e o terceiro convertérono case co pitido do árbitro.

Como comentamos, con este encontro os Bibes rematan unha tempada máis a liga de Poio na que o pasaron xenial. Dende o Moraña C.F. agradecemos aos organizadores e patrocinadores deste Torneo, e dámoslle a noraboa por outra tempada de éxito. Aos nosos quédalles agora prepararse para o vindeiro reto!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Gabi e Mauro

Goles: Xoel

Prebenxamíns 2 – 12 E.F. Villa de Marín

Os Pres recibiron ao E.F. Villa de Marín na mañán do sábado no Buelo, nun encontro que estivo igualado na primeira metade, pero que caeu claramente do lado visitante na segunda. Tras un bo comezo, a E.F. púxose 0-3 no marcador no primeiro cuarto de hora, pero o gol de Lucas achegaba aos nosos antes do descanso. Pero na segunda metade, os visitantes foron un vendaval, poñendo terra de por medio e acadando o resultado final de 2-12 co que rematou o encontro. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín, Mamadou e Alba.

E.F. Villa de Marín.: Santi, Adolfo, Guiller, Noel, Ángel, Andrés, Martín, Noa e Nico.

Goles: Polo Moraña Lucas e Alba. Polo E.F. Villa de Marín Santi, Ángel (4), Adolfo (4), Martín.

Benxamíns 10 – 1 Barro C.F.

Os Benxamíns levaron o derbi comarcal ante o Barro C.F. xogado na mañán do sábado no Buelo. Un encontro no que o Moraña fixo un gran encontro e case sen dar opcións ao rival dende o comezo, indo ao descanso xa cun claro 4-0 no marcador. Na segunda metade, os nosos non baixaron o pistón, xerando moito perigo e xogando a un gran nivel e deixando o marcador no definitivo 10-1. Noraboa e gran traballo.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Mario, Fer, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez

Barro C.F.:  Aarón, Marcos, Mateo, Hugo, Latas, Samu, Kevin, Xoel, Rubén, Pablo, Pedro, Carlos, Sergio e Darío.

Goles: Polo Moraña Pablo (2), Mario (3), Aarón (3), Fernando (2). Polo Barro, Hugo.

Alevíns 1 – 6 C.D. Ribadumia

Os Alevíns recibiron no Buelo ao C.D. Ribadumia, nun encontro no que os nosos foron quen de adiantarse no electrónico grazas a un gol de Yosi de falta. No minuto 20, Mateo empataba para os visitantes, chegando co 1-1 ao descanso. Na segunda metade, un bo comezo do Ribadumia cimentou a súa victoria, xa que marcaron dous goles que encarrillaban o encontro. Os nosos seguiron pelexando a reo, pero foron os amarelos os que aumentaron a vantaxe, deixando o resultado final no definitivo 1-6. Ánimo e a seguir.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Darío Redondo, Miguel, Nico, Darío, Iker e Jonathan.

C.D. Ribadumia:  Yago, Manu, Joaquín, Luis, Antonio, Brais, Lucas, Rubén, Pablo, Anxo e Mateo. Tamén xogaron Mateo, Sodía e Valeria.

Goles: 1-0 Yosi (min. 14); 1-1 Mateo (min. 20); 1-2 Brais (min. 41); 1-3 Antonio (min. 46); 1-4 Rubén (min. 57); 1-5 Lucas (min. 61); 1-6 Pablo (min. 66).

E.D. Poio  1 – 7 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles visitaban á E.D. Poio en encontro ligueiro. Un partido que se preveía intenso, e que os nosos souberon solventar con oficio e bo xogo. Hugo adiantou ao Moraña no minuto 5, aumentando a renta por medio de David e Álvaro antes do descanso. Hugo facía o seu segundo gol no 39 para poñerse 0-4 e Adri recurtaba para o Poio. Na segunda metade, Álvaro, Mateo e Hugo puxeron máis terra de por medio, deixando o marcador no definitivo 1-7. Bo traballo e a seguir!!

Ficha técnica

E.D. Poio:  Antonio, Martín, Hugo, Adri, Diego, Miguel, Meis, Alonso, Víctor, Patiño e Pablo. Tamén xogaron Álex, Xabi, Iván, Gabian e Juan.

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Damián, Alejandro, Joel e Marta.

Goles: 0-1 Hugo (min. 5); 0-2 David (min. 20); 0-3 Álvaro (min. 29); 0-4 Hugo (min. 39); 1-4 Adri (min. 45); 1-5 Álvaro (min. 52); 1-6 Mateo (min. 63); 1-7 Hugo (min. 75).

Cadetes 1 – 1 A.D. Sagrado C.F.

Encontro de poder a poder o xogado na tarde do sábado no Buelo, entre a A.D. Sagrado C.F. e os nosos Cadetes. Un partido igualadísimo e no que os pequenos detalles foron chave para o seu devenir. Os nosos xogaron a un gran nivel, como nos teñen acostumados, pero os pontevedreses demostraron que non ían a regalar nada. Tras chegar 0-0 ao descanso, Domi no minuto 49 adiantaba ao Moraña, pero só un minuto despois, o Sagrado empataba por medio de Iago.

Malia que aínda restaba media hora e os dous equipos tiveron ocasións, o marcador non se moveu, este empate a un gol foi o resultado definitivo. Bo traballo e a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Óscar, Iván Rego e Javi.

A.D. Sagrado C.F.:  Pablo, Jose, Victor, Cabada, Pérez, Javi, Iago, Manu, Felipe, Diego e Hugo, Tamén xogaron Alejandro, Miguel, Luis, Jorge e Fernando.

Goles: 1-0 Domi (min. 49); 1-1 Iago (min. 50).

Compárteo!

Deixa un Comentario