Biberóns 3 – 2 Puentecaldelas

 

 

 

Os Biberóns comezaron na mañán deste sábado a súa participación a Liga do Sagrado Corazón. Un partido moi igualado e con alternativas para os dous. O encontro púxose moi costa arriba no primeiro minuto, roubo no medio campo e na contra baten a Lucas. Comezou entón un ida e volta continuo, con varias ocasións pero non se concretaron, e co 0-1 se chegou ao descanso.
O pouco do comezo da segunda metade, nun despiste o Puentecaldelas fai o segundo. Os nosos seguirono intentando con varias ocasións ata que mediada a segunda parte Xoel facía o primer gol. O partido seguia moi emocionante sin un dominador claro, cando a falta de tres minutos para o final Xabi colle e balón en medio campo e tras unha gran xogada pola banda o seu tiro e desviado por un contrario e gol.
Oa nosos seguiron con ganas de máis, e a falta de 1 minuto, Xoel nunha gran contra marca o terceiro.
Gran partido e gran remontada. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi e Fabio.

Goles: Xoel (2) e propia porta.

 

E.F. Portero 2.000 “B” 3 – 10 Prebenxamíns

Os nosos Pres viaxaron a Pontevedra, para xogar na Xunqueira ante a E.F. Portero 2.000 “B”. Os nosos xogaron un gran encontro, cun comezo trepidante no que o Moraña se puxo por diante 0-2, recurtando Hugo para o Portero e Lucas poñendo o 1-3 antes dos 10 primeiros minutos. Así se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o Moraña colleu máis distancia no marcador con varios goles, e o Portero tentou recortar sen éxito, para que quedara o marcador no definitivo 3-10 para os nosos. Noraboa Pres!!

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000 “B”.: Andrés, Carlos, Rubén, Alex, Iago, Mateo, Hugo, Iago, Miguel, Raúl e Alexander.

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín, Alba e Diego Arzúa.

Goles: Polo Portero 2.000 Hugo (2) e Raúl. Polo Moraña Alba (2) , Lucas (2) Xurxo (2), Diego Torres (2), Diego Arzúa e Breixo Ferrín

 

C.D. Bamio 2 – 5 Benxamíns

Viaxe a Vilagarcía para os Benxamíns, que xogaban ante o C.D. Bamio encontro ligueiro. Os nosos comezaron mandando, con goles de Aarón e Pablo no 9 e no 14. pero os locais reaccionaron e por medio de Jose e Aitor, poñían a igualada no 29. A reacción morañesa chegou só 5 minutos despois, con gol de Mateo que poñía aos nosos por diante de novo. Mario e Pablo redondeador o marcador para o 2-5 final. Gran traballo Benxamíns!

Ficha técnica

C.D. Bamio:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Antón Bernárdez

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez.

Goles: 0-1 Aarón (min. 9); 0-2 Pablo (min. 14); 1-2 Jose (min. 26); 2-2 Aitor (min. 29); 2-3 Mateo (min. 34); 2-4 Mario (min. 41); 2-5 Pablo (min. 49).

A.C.D. A Seca 6 – 0 Alevíns

Os Alevíns tamén viaxaron a Pontevedra, para enfrontarse á A.C.D A Seca. Os nosos, moi xustos de xogadores polas baixas aguantaron ben a primeira parte, na que a A.C.D. logrou chegar ao descanso con 2-0 de vantaxe cos goles de Víctor e Hugo. Na segunda metade, segundo o cansancio se ía facendo máis presente, a vantaxe foi aumentando ata o 6-0 definitivo. Ánimo e a seguir rapaces!

Ficha técnica

A.C.D. A Seca:  Iker, Pablo, Andrés, Alex, Álvaro, Nico, Miguel, Mateo, Alicia, Samu, Lucas, Hugo, Saúl, Manu, Víctor e Iker Portela.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Óscar, Hugo, Aleixo e Darío.

Goles: 1-0 Hugo (min. 22); 2-0 Victor (min. 29); 3-0 Víctor (min. 37); 4-0 Saúl (min. 44); 5-0 Víctor (min. 61); 6-0 Saúl (min. 64).

Cadetes 0 – 2 E.D. Poio

Un dos encontros destacados desta fin de semana, era o que enfrontaba aos Cadetes á E.D. Poio no Buelo. Un encontro moi emocionante e que se resolveu nos pequenos detalles. A igualdade na primeira metade era a tónica, ata que Carlos puxo por diante no 32 aos visitantes. Este gol marcou o encontro, xa que o Poio adicouse a pechar espazos e a buscar a contra mentras os nosos tiñan que asumir cada vez máis riscos. No 66, Dani facía o 0-2 que sentenciaba o encontro. Ánimo Cadetes e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Dami, Álvaro, Sergio, Pablo, Jorge, David, Hugo, Alejandro, Aday. Tamén xogaron Joel, Marta e Raúl.

E.D. Poio:  Mateo, Samu, Alex, Jose G., Jose J., Javi, Carlos, Jacobo, Álvaro, Diego e Dani. Tamén xogaron Rubén, César e J. Manuel.

Goles: 0-1 Carlos (min. 32); 0-2 Dani (min. 66).

Xuveniles 9 – 0 Marín C.F. “B”

Os Xuveniles pecharon a xornada do noso fútbol base no Buelo, xogando ante o Marín C.F. “B”. Un encontro que encarrilaron cedo e no que foron claramente superiores, acadando unha abultada victoria por 9-0. Gran traballo de todo este grupo, a seguir medrando como equipo.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Jorge G., Miguel, Pablo, Adonis, David, A. Novás, A. Alboy, Jorge C., Dani C., Jodi e Fervenza. Tamén xogaron Roy Elvis, Sergio e Dani G.

Marín C.F. “B”:  Kevin, Damian, Jaime, Fer, Javier, Miguel, Brais, Diego, Álvaro, Ángel e Alberto.

Goles: A. Novás (4), Roy Elvis (2), A. Alboy, Jorge C. e Dani González.

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR