Tal e como anticipamos, os Biberóns do Moraña C.F. tiñan na mañán de hoxe un paso importante dentro da súa evolución. Para moitos foi a primeira vez que se sentiron «futbolistas» de verdade sobre un campo reglamentario.

Héctor e Adrián, os adestradores, prepararon un partidillo en espacio reducido, fixeron dous equipos e xogaron dúas partes. Eles dous asumiron o rol de porteiro de cada equipo para que os peques viviran a experiencia de ser xogadores de campo nesta superficie. A verdade é que as sensacións foron moi positivas, e a reposta dos rapaces moi boa, xogando a un gran nivel e mostrando moita melloría.

A vindeira semana, xogarán o seu primeiro amigable con este formato ante o Caldas C.F., ao aire libre e nun campo adaptado. Se o tempo acompaña, os adestramentos de martes e xoves tamén serán no Buelo.

Moito ánimo e a seguir traballando!!

Compárteo!

Deixa un Comentario