Os nosos Bibes xogaron a pasada fin de semana o seu primeiro campeonato en Fútbol 8. Unha primeira toma de contacto con aínda máis dificultade, porque debido a algunhas baixas os nosos formaron con 8 xogadores xustos.

Os cracks que nos representaron neste torneo foron:  Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, Erik e Fabio.

O Torneo estaba organizado nun único grupo formado polo Cuntis, Barro, Estrada e Moraña.

No primer partido contra o Barro derrota pola mínima nun partido moi igualado.  Segundo partido con un claro dominio dos da Estrada que nos venceron por 6-0 sen dar case opcións. Terceiro partido fronte o Cuntis no que dominaron pero non foron quen de marcar, chegando o remate 0-0.
Na semifinal tocou de novo o E.F. B. Estrada no que  volveu  vencer con claridade por 4-0.
Na loita polo 3° e 4° posto de novo o rival foi o Cuntis. Un partido que os nosos dominaron e no que venceron po 5-0 con 4 goles de Xoel e un de Manu, acadando así a terceira plaza final.

Gran torneo o celebrado hoxe en Cuntis e noraboa a tódolos equipos participantes.

Compárteo!

Deixa un Comentario