Gran victoria do noso equipo Prebenxamín na súa visita ao Revel para o amigable disputado hoxe pola mañán. Os rapaces dirixidos hoxe por Roberto xogaron un encontro moi completo, dominando o xogo e deixando bos detalles durante os 50 minutos.
Os goleadores no día de hoxe foron Xoel (4),Iago (3), Roi (2), Fernando e Mario. Xogaron Marcos, Lois, Joel, Mauro, Fernando, Xoel, Iago, Roi, Mario e Antón.

Bo traballo dos Pres, a seguir nesta liña e a preparar ben o comezo ligueiro.

Compárteo!

Comentarios Pechados.