E.F. Portero 2.000 «B» 7 –  5 Prebenxamíns

Boa partido sobre todo na primeira parte o xogado na mañán do domingo polos nosos Pres na Xunqueira de Pontevedra. Comenzamos poñendonos por diante con gol de Dani, ainda que pronto remontan e sendo Diego o que pon o empate antes do descanso.
No inicio do segundo tempo Iñaki ponnos en vantaxe. Despois do gol entramos nunha fase de imprecisións, no que os locais marcan tres goles seguidos, recortando Diego a ventaxe, pero de novo volven marcar e Fabio volve marcar pa poñer o definitivo 7-5 no marcador. Bo traballo e a seguir!!

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000 «B»:  Álex, Aingeru, Ainara, Roque, Olivia, Alberto, Diego, Carlos, García, Alatz, Alexander, Izan, Adrao e Brais.

Moraña C.F.:  Lucas, Xabi, Manuel, Dani, Fabio, Diego Torres, Diego Arzúa, Iñaki, Gabi e Xoel.

Marcaron: Dani, Iñaki, Fabio e Diego Torres (2).

Benxamíns 3 – 0 A.D. Sagrado C.F. «B»

Encontro ligueiro na mañán do sábado no Buelo para os Benxamíns, que recibían á A.D. Sagrado C.F. «B». Un encontro no que os nosos xogaron a gran nivel e acadaron o triunfo tras realizar un gran traballo. Ao descanso chegouse con vantaxe pola mínima 1-0, pero na segunda metade os nosos aumentaron a renda ata o definitivo 3-0 que lles daba a victoria e os tres puntos. Lucas, Anxo e Diego foron os autores dos goles. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Anxo, Diego, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Breixo Ferrín, Saúl e Hugo.

A.D. Sagrado C.F. «B».:  David, Pablo, Dani Nico, Raúl, Eric, Roque, Breixo, Gabri, Aroa e Álex.

Marcaron: Lucas, Anxo e Diego

U.S.D. O Grove 8 – 0 Alevíns

Visita dos Alevíns ao Monte da Vila, para xogar ante a U.S.D. O Grove un novo encontro ligueiro. Os nosos mantiveron o tipo nos primeiros 35 minutos, chegando 2-0 abaixo ao descanso, pero na segunda metade o Grove foi moi superior, deixando o marcador final nun claro 8-0. A seguir traballando, mellorando e medrando, rapaces!!

Ficha técnica

U.S.D. O Grove:  Pedro, Nasir, Andrés, Heitor, Darek, Álex, Miguel, Breixo, Saúl, Roy e Niko. Tamén xogaron Rodrigo, Lucas, Antón, Hugo e Estevo.

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Aarón, Miguel e Mario. Tamén xogaron Óscar, Joel, Nico e Bruno.

Marcaron: Saúl (3), Andrés, Heitor, Álex, Hugo e Estevo.

Cadetes 2 – 1 C.D. Ribadumia «B»

Encontro na liña igualada desta fase da Liga para os Cadetes, no que recibían no Buelo ao C.D. Ribadumia «B». Un partido no que só vimos goles na primeira metade. Fixo Mateo o 1-0 no 22, ao que contestou Rafa á media hora. Cando parecía que iamos a chegar con este empate ao descanso, Álex facía o 2-1 no 39. Pese ao intenso do segundo tempo, non se viron máis goles, polo que este 2-1 foi o resultado final, que lle daba 3 novos puntos aos nosos Cadetes.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan e Aday. Tamén xogaron Hugo, André, Joel, Jorge e Damián.

C.D. Ribadumia «B»:  Carlos, Santi, Marco, Brais, Yago, Dani, Piñeiro, Queitan, Rafa, Nico e Jorge. Tamén xogaron Carlos, Álex, David e Esteban.

Goles: 1-0 Mateo (min. 22); 1-1 Rafa (min. 29); 2-1 Álex (min. 39).

Xuveniles 5 – 1 Domaio F.C.

Partido moi bo dos Xuveniles na tarde do sábado no Buelo, no que recibían ao Domaio F.C. O encontro comezou cun ritmo alto e dous equipos intensos, que regalaron unha primeira parte moi igualada. Jorge fixo o primeiro para os nosos no 32, pero só 3 minutos despois, Nico facía o empate. Chegamos ao descanso con este 1-1.

Na segunda metade, o Moraña foi un vendaval. Rubén volvía a poñer aos nosos por diante co 2-1, e Aboy daba máis distancia co 3-1 no 65. E para pechar o resultado, Pablo Fraga firmaba un doblete no 77 e 87 para dar os tres puntos aos xuveniles co marcador final de 5-1. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Adonis, Rubén, Jorge, Pereira, Aboy, Pablo González, Dani, Marcos, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Sergio, Pablo Sende, David, Jorge e Joel.

Domaio F.C.: Manu, Graña, Victor, Álex, Anxo, Noel, Andrés, Brais, Aarón, Nico e Pablo. Tamén xogaron Gabri, Saúl, Miguel e Mateo.

Goles:  1-0 Jorge (min. 32); 1-1 Nico (min. 35); 2-1 Rubén (min. 51); 3-1 Aboy (min. 65); 4-1 Pablo Fraga (min. 77); 5-1 Pablo Fraga (min. 87).

Compárteo!

Deixa un Comentario