Quinta xornada de Liga para os nosos Veteranos e cuarta victoria da tempada. Os nosos «abuelos» continúan co seu fulgurante arranque de tempada acadando tres novos puntos que os sitúan momentáneamente como líderes da competición.
Este sábado, ante o Cornazo, os morañeses xogaron un gran partido, aínda que cun resultado bastante enganoso, xa que o rival fixo méritos para non recibir un castigo tan amplo.

Abriu a lata Pedro Porto, no minuto 7, aproveitando un balón na área rival e sacándolle as telarañas á escadra da portería. Un auténtico golazo. Aumentou a conta Eloy 12 minutos despois, baixando un balón golpeado por Rafa, e tirando dende o medio campo case de primeiras unha perfecta vaselina que colleu ao porteiro visitante moi adiantado. Parecía que se encarrilaba o encontro, pero o meta morañés Rafa, recreou a xogada de Ter Stegen en Balaídos fai uns días, e nun intento de despexe mandou o balón contra o dianteiro rival. O rexeite aproveitouno Adrián para facer o 2-1. Antes do descanso, Fran poñía outra vez terra de por medio, aproveitando o despexe do porteiro rival tras un disparo dende a frontal.

Tralo paso pola caseta, os nosos saíron aínda máis motivados, e o propio Fran facía no primeiro minuto da reanudación o 4-1 que esta vez si, parecía que xa pechaba o encontro. Chegaron dous goles máis, obra de Toño Orois en dúas internadas por banda esquerda nas que fusilou ao meta visitante.

Ao final dos 90 minutos, 6-1, liderato e coa mente posta no enfrontamento deste mércores ás 12:00 nas Corticeiras ante o Caldas C.F., un encontro que vai ser apaixoante. Moita sorte!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra, Pedro Porto, Sayáns, Eloy, Nico, Pablo, Yeyo, Fuentes, Mario Costas, Josete, Fran, David, Toño Orois, Oscar Barros e Oscar Ríos.

CORNAZO TAP. LA OLA: Alberto, Juan, Eduardo, Roberto, Óscar, Alberto, Felipe, Adrián, Jorge, Guillermo, Coe, José, Pérez, Mosteiro, Pinto.

GOLES: 1-0 Pedro Porto (min. 7); 2-0 Eloy (min. 19); 2-1 Adrián (min. 22); 3-1 Fran (min. 38); 4-1 Fran (min. 46); 5-1 Toño Orois (min. 57); 6-1 Toño Orois (min. 87)

Compárteo!

Deixa un Comentario