A sección de Veteranos do Moraña C.F. acaba de presentar as súas tres primeiras incorporacións para a vindeira tempada 2015-2016. Tres grandes xogadores para tentar á volta a Primeira tralo descenso do ano pasado.

eloyEloy Rodríguez Pérez «Gaz-Elo»

Xogador formado na canteira do Moraña C.F., onde xogou dende cadetes ata o Primeiro Equipo, sendo o capitán que levantou o trofeo da única Liga que acadou o Clube no seu ascenso da 2006/2007. Despois formou parte de equipos como o Caldas, Estudiantil e Cuntis, onde colgou as botas a tempada pasada.

 

20150806023356-1David Barros

Outro xogador que volve ao Clube que o veu nacer futbolísticamente e onde xogou dende ben cativo. Atesora unha boa experiencia no fútbol veterano tras varias tempadas en categorías máis baixas, e este ano ven disposto a gañarse un posto no noso Clube.

 

20150806023356Óscar Barros

Formado dende pequeno no noso Clube, volve ao Moraña para marcar diferencias nos Veteranos. Xogador con moitísima calidade, moi polivalente e nun estado físico envexable, tal e como demostrou na última Carreira Carneiro ó Espeto.

Compárteo!

Deixa un Comentario