• O derbi vaise para Caldas

Encontro con pouca historia o xogado na tarde de hoxe polo noso Primero Equipo en Mirallos. Os nosos sabían da importancia do encontro, xa que puntuar supoñía seguir pelexando pola zona noble, pero non foron quen de acadalo.

Nos primeiros 45 minutos, un Caldas coas ideas máis claras, foise adueñando do encontro. O Moraña, un chisco perdido no centro do campo, non conseguía xerar perigo fóra de accións individuais puntuais. Os visitantes buscaban conectar con balóns largos ao seu punta e crear ocasións dende aí. Non se moveu neste primeiro acto o marcador, malia que Celso probou dende lonxe ao porteiro do Caldas, salindo o balón preto da escuadra.

O Moraña saliu un chisco mellor no segundo tempo, tentando trenzar un pouco máis o xogo, pero sen lograr continuidade. O Caldas seguiu fiel ao plan inicial e foi quen logrou romper o encontro facendo o único gol do partido. No 63, un balón que tras unha serie de rexeites cae nos pes de Casal que logra sacar un centro que Hilario define moi ben ao primeiro pao. Tras acadar o tanto, o Caldas tentou “durmir” o partido para facerse cos puntos, e o Moraña tivo o empate nos pes de Lucas, que tras unha xogada “maradoniana” dende o centro do campo encara ao porteiro visitante pero non logra definir ben.

Nos últimos minutos case non se xogou, co Caldas temporizando e cos trocos. O partido morreu cun lanzamento lonxano de falta de Velay, con potencia pero centrado que ataxou o porteiro visitante.

Pouco máis neste partido, non foi das mellores tardes dos nosos, pero toca levantarse, traballar e seguir adiante. Vamos chavales!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Julián, Salva, Roberto, Celso, Pablo, David, Santi, Chima e Ferro. Tamén xogaron Lucas, Héctor, Caba e Borja.

Caldas C.F: Alberto, Manu, Esteban, Hilario, Yeray, Juan, Borja, Casal, Abuin, Raúl e Dani. Tamén xogaron Raúl, Jose Carlos, Roberto e Juan.

Goles: 0-1 Hilario (min. 63 )

Compárteo!

Deixa un Comentario