• Primeira derrota da tempada nun dos campos máis difíciles

Xornada entre semana xogada na tarde de onte en San Adrián para os nosos Senior, un dos rivales e campos de xogo máis complicados da liga. Os nosos saíron convencidos e concienciados ante as armas do rival, buscando combinar e buscar rápido a porta visitante. O San Adrián saía a por todas, convencido de que un bo resultado os mantendría na parte alta da táboa.

Non houbo moitas ocasións nos primeiros 45 minutos, buscando os locais superioridade por banda e balóns interiores que sorprenderan á defensa morañesa. Os nosos, cando lograban superar a primeira liña de presión sí que atopaban espazos e conseguían achegarse a área de Moisés. Tívoa Velay nun pase atrás de Pablo Porta, pero non puido ser. No 41 chegou o primeiro gol: falta lateral con erro na marca e definición perfecta de Carlos. Con este 1-0 se chegou ao descanso.

Na segunda metade o Moraña subiu un chisco o ritmo, pero o segundo gol foi un mazazo. Era o minuto 55, saque de falta lateral, despexe de Celso e Brais aproveita ese segundo balón para fusilar a Anxo. Chegou a puntilla no 65, cando Juan aproveita un erro defensivo para sentenciar.

Con todo perdido, os nosos tiraron de orgullo e puxeron o 3-1 no 84, nunha xogada combinativa na que Pablo Porta pon un centro chut que os defensas do San Adrián non logran despexar. E este empuxe fixo que se recurtaran aínda máis as distancias, ao rematar no 87 Jonny un centro lateral. Estes últimos momentos foron emocionantes, co Moraña acosando e o San Adrián achicando balóns, pero o marcador non se moveu. 3-2 o resultado final e o San Adrián aupándose ao liderato da categoría.

Próxima parada para os nosos, o segundo clasificado, A Lama S.D. en Mirallos o domingo. Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

S.D.C. San Adrián: Moisés, Carlos, Juan, Allan, Brais, Sergio, Rubén, Rajo, Breixo, Guille e Fran. Tamén xogaron Sergio, Joaquín, Rober, Adri  e Samu.

Moraña C.F.: Anxo, Iván, Salva, Velay, Iván, Victor, Rober, Kevin, Yeray, Celso e Pablo Porta. Tamén xogaron Edu, Caba, Borja, Javi e Jonny.

Goles: 1-0 Carlos (min. 41); 2-0 Brais (min. 55); 3-0 Juan (min. 65); 3-1 Pablo Porta (min. 84); 3-2 Jonny (min. 87).

Compárteo!

Deixa un Comentario