Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. este sábado!

C.D. Ribadumia 0 – 1 Prebenxamíns

Encontro con moitísima igualdade o que xogaron os nosos Pres na mañán de hoxe na Senra ante o C.D. Ribadumia. Un encontro no que os dous equipos mostraron moitas ganas pero no que non se viron goles ata case o final, cando Saúl no 45 facía o único do encontro que lle serviua aos nosos para traer os 3 puntos. Victoria pola mínima e gran traballo dos dous equipos!

 

Ficha Técnica

C.D. Ribadumia: Elías, Lucas, Martín, Rodrigo, Uriel, Ángel, Hugo, Cao, Pazos, Serantes e Rodri Serantes.

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adri, Lucas, Iago, Fer, Anxo, Héctor, Pedro e Hugo.

Goles: 0-1 Saúl (min. 45)

Alevíns 7 – 3 San Martín C.F.

Festival de goles no encontro dos Alevíns, xogado no Buelo na tarde de hoxe. Os dous equipos xogaron buscando a portería rival dende o minuto 1, e os goles non tardaron en chegar. Adiantouse cedo o moraña, Marcando Aday e David nos minutos 2 e 3. Anxo poñía o 3-0 no 10, e Martín recurtaba antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios o ritmo de xogo non baixou. Recortaba Cristian para o San Martín 3-2 no 32, pero David non tardaba en volver a dar tranquilidade aos nosos no marcador con 2 goles no 35 e 38. Anxo e Aday facían dous máis e Cristian volvía a marcar para o San Martín, deixando o electrónico no definitivo 7-3. Bo traballo, rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Alexandre, Jorge, David, Aday e Rubén.

San Martín C.F.: Gabriel, Raúl, Pablo, Nico, Martín, Brais, Romero, Cristian, De Florio, Miguel e Mauro.

Goles: Polo Moraña David (3), Aday (2) e Anxo (2). Polo San Martín Cristian (2) e Martín.

Cadetes 2 – 2 Villalonga F.C.

Nova xornada de liga para os nosos Cadetes, que están a facer un bo papel nesta liga. No día de hoxe, reforzados con varios infantiles, xogaron a gran nivel. Malia encaixar cedo por medio de Santamaría no minuto 4, o Moraña reaccionou, con doblete de Raúl no 15 e no 32, chegando con vantaxe ao descanso.

Na salida do descanso, o Villalonga poñía o empate con gol de Raúl no 46. Sucedéronse as ocasións no resto do encontro, pero o marcador xa non se moveu ata o final, quedando neste definitivo 2-2. Gran traballo dos dous equipos, a seguir nesta liña.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Pablo Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl e Pedro. Tamén xogaron Anxo, Iván, Dani, Domi e Álex.

Villalonga F.C.: Diego, Sergio, Martín, Miguel, Mateo, Santamaría, Aarón, Raúl e David. Tamén xogaron Rodri, Lucas e Rubén

Goles: 0-1 Santamaría (min. 4); 1-1 Raúl (min. 15); 2-1 Raúl (min. 32); 2-2 Raúl (min. 46).

Xuveniles 0 – 3 E.F.B. Vilanova

Os Xuveniles condenaron o seu encontro ante a E.F.B. Vilanova cun moi mal comezo de encontro que aproveitaron os visitantes para en só 3 minutos poñerse con vantaxe de 0-2 con goles de Gabriel e Ángel. Malia que os nosos tentaron recurtar as diferencias, non foron quen de conseguilo. O Vilanova fixo o terceiro na recta final, no minuto 82 por medio de Raúl.

A seguir pelexando Xuveniles!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Iván, Adrián, Manu Sayáns, Alex, Abalo, Reboredo, Isma, Fervenza e Xian. Tamén xogaron Pablo González, Saúl e Marquitos.

E.F.B. Vilanova: Iván, Gabriel, Rubén,  Ángel, Manu, Adri, Noel, Roberto, Carlos, Alejandro e Roi. Tamén xogaron David, Manu, Brian, Rubén e Raúl.

Goles: 0-1 Gabriel (min. 1); 0-2 Ángel (min. 3); 0-3 Raúl (min. 82)

Compárteo!

Deixa un Comentario