Aquí deixamos os resumos de todos os encontros xogados pola nosa base nesta fin de semana!!

Benxamíns «A» 5 – 3 Mosteiro C.D.

Encontro super emocionante o xogado polo noso Benxamín «A» na mañán do sábado no Buelo, con malas condicións climatolóxicas e ante un Mosteiro C.D. que viaxou a Moraña para dalo todo. O partido estivo cheo de ocasións e goles, con dominio alterno polas dúas bandas.

Adiantouse o Moraña con gol de Aitor no minuto 9, ao que reaccionaron os visitantes rápido, logrando a igualada Manuel no 12. Non houbo máis goles antes do descanso. Pero tralo paso polos vestiarios, chegou o festival. Primeiro Roque poñía en vantaxe ao Mosteiro no 29. O Moraña púxose firme, e con goles de David (no 31), Aleixo (no 36) e de novo David (no 38) poñían un 4-2 no marcador que parecía que decantaba o encontro para o bando local. Pero Luca no 40 facía o 4-3, que lle poñía moita emoción ao tramo final. Iago, no 46 confirmaba que os puntos quedaban na casa facendo o definitivo 5-3.

Gran partido e gran traballo destes rapaces!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Aitor, Xabi, Iago, Darío Redondo, Aleixo, David, Ethan, Iker, Nico e Jonathan.

Mosteiro C.D.: Manel, Alba, Paula, Iván, Roque, Manuel, Joel, Luca, Simón, Iván, Xavi, David e Antón.

Goles: 1-0 Aitor (min. 9); 1-1 Manuel (min. 12); 1-2 Roque (min. 29); 2-2 David (min. 31); 3-2 Aleixo (min. 36); 4-2 David (min. 38); 4-3 Luca (min. 40); 5-3 Iago (min. 46).

Alevíns 6 – 1 E.D. Arousa S.D. «B»

Os Alevíns tamén xogaron este sábado pola mañán no Buelo, ante a E.D. Arousa «B». Os nosos, además de coas inclemencias do tempo tiñan que loitar coas baixas, que facía que só contaran con 9 xogadores para o encontro.

Malia todo, o Moraña saiu confiado e con ganas, facendo unha boa primeira metade na que con goles de Aday e David, se iba cun 2-0 a favor ao descanso. Na reanudación, Rubén facía o terceiro, pero Pablo recurtaba para a E.D. Arousa. Tras este 3-1, os nosos botaron o resto e acadaron 3 goles máis (David, Saúl e Rubén) para deixar o marcador no definitivo 6-1. Gran traballo!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, David, Aday, Rubén e Alexandre.

E.D. Arousa S.D. «B»: Pablo, Iker, Irene, Miguel, Marcos, Alejandro, Iván, Estefan, Ximena, Anxo e Hugo

Goles: 1-0 Aday (min. 16); 2-0 David (min. 23); 3-0 Rubén (min. 27): 3-1 Pablo (min. 30); 4-1 David (min. 34); 5-1 Saúl (min. 40); 6-1 Rubén (min. 47)

Cadetes 1 – 4 San Martín C.F.

Despois dos partidos dos peques, chegaba a hora para os Cadetes, que se enfrontaban no Buelo ao San Martín. Os rapaces de Alberto, reforzados con xogadores infantiles, saíron ao encontro un chisco durmidos, o que fixo que o rival se aproveitara, facendo Arturo dous goles en só 12 minutos. David recurtaba no 15, sendo este 1-2 o resultado ao descanso.

Na segunda parte, o encontro estivo máis igualado, pero no tramo final decantouse para os visitantes grazas ao gol de Abalo no 67, que facía o 1-3. Os nosos foron ao ataque en busca de recurtar diferencias e o San Martín aproveitou os espazos para que Fran fixera o definitivo 1-4.

Ánimo e a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Jonathan, Iván e Adonis. Tamén xogaron Jorge, Pablo Sende e Domi.

San Martín C.F.: Damián, Juan, Arturo, Ricardo, Javi, Víctor, Fran, Hugo, Abalo, Rubén e Gabriel. Tamén xogaron Brais, Iván, David e Eduardo.

Goles: 0-1 Arturo (min. 7); 0-2 Arturo (min. 12); 1-2 David (min. 15); 1-3 Abalo (min. 67); 1-4 Fran (min. 71)

E.F.B. Vilanova 3 – 0 Xuveniles

Visita dos xuveniles ao campo do Terrón en Vilanova, ante un conxunto moi duro. Os rapaces de Juan saíron a por todas neste encontro, pero os locais nunha gran primeira parte, encarrilaron o encontro. Raúl no minuto 23, Joel no 27 e Roi no 38 puxeron un claro 3-0 a favor do Vilanova. Na segunda metade os nosos estiveron mellor, pero o marcador non se moveu, sendo este 3-0 o resultado final no minuto 90.

Ánimo aos xuveniles e a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

E.F.B. Vilanova: Iván, Jorge, Manuel, Adri, Rubén, Iker, Raúl, Joel, Gabriel, Roi e Prado. Tamén xogaron David, Luis, Ángel, Francisco e Roberto.

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Adrián, Manuel, Alejandro, Pablo, Abalo, Reboredo, Isma, Marquitos e Fervenza. Tamén xogaron Saúl e Andrés.

Goles: 1-0 Raúl (min. 23); 2-0 Joel (min. 27); 3-0 Roi (min. 38)

Compárteo!

Deixa un Comentario