INDEPO C.F. 10 – 1 Biberóns

Nova xornada ligueira dos Biberóns na Liga de Poio. Un partido no que o Indepo foi moi superior, con máis xogo e mais físico. O Indepo aproveitou moi ben o tiro dende fora e a maioria dos rexeites. Así e todo os nosos non de deron por vencidos e interarono durante o partido, aproveitando Manu unha das escasas ocasións das que dispuxemos.
Moito ánimo e a seguir.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Iñaki e Gabi.

Goles: Manu

 

Prebenxamíns 1 – 7 San Martín C.F.

No Buelo, na mañán do sábado, os Pres recibían ao San Martín C.F., en encontro ligueiro. Un partido que se desequilibrou na segunda metade. Na primeira, os goles de Lucas e Iago poñían en vantaxe 0-2 aos visitantes, pero na reanudación, Iago acurtaba para os nosos co 1-2 no 27. Foi entón cando o San Martín se lanzou polo encontro, poñendo nos últimos 20 minutos de partido unha marcha máis e deixando o marcador no definitivo 1-7. Bo traballo de ambos equipos, a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego, Breixo, Héctor e Breixo.

San Martín C.F.: Dani, Ángel, Diego, Lucasi, Iago, Iker, Uxío, Óscar e Hugo.

Goles: Polo Moraña, Iago. Polo San Martín Lucas (2), Iago, Hugo (3) e Iker.

Benxamíns 12 – 2 Figueirido C.F.

Tamén na mañán do sábado, os Benxamíns recibían ao Figueirido C.F. no Buelo en encontro ligueiro. Os nosos xogaron a un gran nivel dende o comezo, buscando a portería rival con moita intensidade. Nunha gran primeira parte, os nosos chegaron ao descanso con vantaxe de 5-0. Na segunda metade, o Moraña conseguiu aumentar a vantaxe, e no tramo final tamén o Figueirido conseguiu marcar, cun doblete de Raúl que deixaba o resultado final en 12-2. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez.

Figueirido C.F.:  Raúl, Jorge, Miguel, Sela, David, Iago, Raúl, Alberto, Erik, Samu e Carla.

Goles: Polo Moraña Mario (6), Aarón (2), Mateo, Pablo, Antón, p.p. Polo Figueirido Raúl (2).

Alevíns 0 – 14 E.D. Poio

Novo encontro dos Alevíns de fútbol 11, que seguen a pelexar e a aprender en cada partido. Esta semana recibiron no Buelo á E.D. Poio, que se mostrou moi superior dende o pitido inicial, chegando ao descanso con vantaxe de 0-5, e aumentándoa na segunda metade ata o resultado final de 0-14. A seguir traballando, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Iker, Miguel, Lucas, Nico, Darío Leboso, Darío Redondo e Jonathan.

E.D. Poio: Alfonso, Iván, Ángel, Gerardo, Brais, Carlos, Martín, Xoan, Ray, Martín, Hayden e Adrián.

Goles: Martín (8), Carlos (3), Xoan, Ray e Hayden.

Infantiles 2 – 1 Salgueiriños C.F. «B»

Os Infantiles recibían ao Salgueiriños no Buelo na mañán de domingo, buscando tres puntos importantes. O encontro estivo moi parexo, pero nos minutos previos ao descanso foi onde se fraguou a victoria dos nosos. Mateo firmou un doblete, con dous goles no 35 e no 38, que poñían aos nosos en vantaxe 2-0 ao descanso.

Na segunda metade, recortou Pablo para os pontevedreses no minuto 53, pero os nosos souberon manter a distancia e non conceder ocasións ao rival, mantendo esa vantaxe de 2-1 os 80 minutos e facéndose coa victoria. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Joel, Aday e Raúl.

Salgueriños C.F. «B»: Mateo, Manuel, Pablo, Máximo, Miguel, Álvaro, Diego, Pablo, Nico, Xurxo e Germán. Tamén xogaron Raúl, Manu, Alexandre, César e Jorge.

Goles: 1-0 Mateo (min. 35); 2-0 Mateo (min. 38); 2-1 Pablo (min. 53).

 

E.D. Poio «B» 2 – 5 Cadetes

Intenso encontro o que xogaron os Cadetes na mañán do domingo na Reiboa ante a E.D. Poio «B». Un encontro que os nosos encarrilaron na primeira metade, con dous goles moi seguidos de Edu no 17 e Javi no 20. Este 0-2 foi o resultado ao descanso. Na segunda metade, Pereira poñía máis terra de por medio, marcando no 50. Brian recurtaba no 61 e daba esperanza aos locais, pero Pereira volvía a manter a distancia marcando no 68. No tramo final aínda houbo tempo para dous goles máis, obra de Xabier para a E.D. no 71  e de Edu de penalty para os nosos, certificando o 2-5 final. Bo traballo!!

Ficha técnica

E.D. Poio «B»: Óscar, Hugo, Fran, Atonio, Rubén, Martín, Álvaro, Sergio, Brian, Alexandre e Jacobo. Tamén xogaron Xabi.

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Javi e Dani Fontán. Tamén xogaron Iván e Jonathan.

Goles: 0-1 Edu (min. 17); 0-2 Javi (min. 20); 0-3 Pereira (min. 50); 1-3 Brian (min. 61);  1-4 Pereira (min. 68); 2-4 Xabier (min. 71); 2-5 Edu (min. 79, penalty).

Xuveniles 2 – 2 C.D. Moaña «C»

Os Xuveniles adiantaron o seu encontro ao Venres, xogando no Buelo ante o C.D. Moaña «C». Os nosos, con reforzos de cadetes, saíron ben plantados ao encontro, sen conceder nas primeiras fases do encontro e indo paseniño gañando peso no mesmo. Adiantouse o Moraña no 39, nun gol cuio mérito é de Domi, pero o colexiado reflexou como gol en propia de Aarón Fernández. Na segunda metade, Fervenza poñía o segundo no 62, pero no último tramo o Moaña acadou o empate con goles de  Breixo no 67 e Mario no 75. Houbo ocasións ata o pitido final, pero o marcador non se moveu e o 2-2 foi o resultado final.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Pablo Sende, Adonis, David, Alejandro, Domi, Dani González, Dani Camiña, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Miguel, Lucas e Pedro.

C.D. Moaña «C»: Arón, Aarón, Arturo, Beymar, Daniel, Facundo, Mario, Alex, Aarón F., Pablo e Breixo. Tamén xogaron Anxo, Hugo, Cristian e Zyad,

Goles: 1-0 Aarón Fernández p.p. (min. 39); 2-0 Fervenza (min. 62); 2-1 Breixo (min. 67); 2-2 Mario (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario