Villalonga F.C. 1 – 4 Biberóns

Volvían a competir na Liga de Poio os nosos Bibes e fixérono xogando un gran encontro ante o Villalonga F.C. O encontro comezou con varias ocasións claras de gol pola parte morañesa na primeira metade,  conseguindo marcar pouco antes do descanso.

A volta do descanso nun partido máis de ida e volta, os nosos marcaron o segundo. Recortou o Villalonga nunha contra, pero tralo saque de centro o Moraña volveu a marcar. Aínda houbo tempo para outro gol no tramo final para rematar un gran partido por ambos equipos.
Co paso dos partidos notase unha gran melloria. Gran traballo e a seguir así!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Iñaki e Gabi.

Goles: Xoel (2), Manu e Xabi.

Prebenxamíns 0 – 8 E.F.B. Cangas

Os Prebenxamíns recibiron no Buelo á E.F.B. Cangas en encontro ligueiro, nun partido que os do Morrazo controlaron dende o saque inicial. Colleron cedo vantaxe, con goles de Álex e Pablo nos primeiros 8 minutos, e co paso dos minutos a vantaxe foi medrando ata o 0-8 definitivo. Ánimo Pres e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Breixo, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego, Héctor, Diego Arzúa e Breixo Oubiña.

E.F.B. Cangas.: Ian, Izan, Álex G., Álex N., Hugo, Lucas, Hugo N., Breixo, Pablo, Xavi e Raúl.

Goles: 0-1 Álex (min. 6); 0-2 Pablo (min. 8); 0-3 Hugo (min. 24); 0-4 Izan (min.  25); 0-5 Lucas (min. 27); 0-6 Álex (min. 32); 0-7 Izan (min. 42); 0-8 Hugo (min. 43).

Villalonga F.C. 5 – 5 Benxamíns

Encontro cheo de emoción o xogado no Revel polos nosos Benxamíns, con alternativas para os dous conxuntos e que se saldou con empate a 5 goles. Un partido que fixo as delicias dos presentes e no que calquera dos dous equipos pudo levar os puntos. Os goleadores dos nosos foron Mario (2), Pablo (2) e Mateo. Bo traballo!!

Ficha técnica

Villalonga F.C.:  Carlos, Brais, César, Mateo, Isaac, Lara, Rubén, Ezequiel e Álex.

Moraña C.F.:  Roi, Joel, Pablo, Mario, Antón, Fernando, Mateo e Aarón.

Goles: Mario (2), Pablo (2) e Mateo.

Atl. Cuntis 8 – 0 Alevíns

Derbi na Ran para os nosos Alevíns ante o Atlético Cuntis. Un encontro no que os nosos aguantaron e competiron ben durante os primeiros 35 minutos, chegando 1-0 ao descanso pero no que na segunda metade o Cuntis se mostrou superior, acadando a renta final de 8-0 co  que finalizou o encontro. Ánimo e a seguir pelexando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Iker, Miguel, Óscar, Hugo e Darío Redondo

Atl. Cuntis: Anxo, Brais, Héctor, Lucía, Óscar, Mateo, Martín, Nico, Roi, Héctor, Ernesto, Ian, Hugo, Alexandre, Lucas e Iker.

Goles: 1-0 Roi (min. 16); 2-0 Oscar (min. 40); 3-0 Óscar (min. 43); 4-0 Iker (min. 52); 5-0 Lucía (min. 56); 6-0 Héctor (min. 59); 7-0 Alexandre (min. 65); 8-0 Ian (min. 68).

Juv. Cambados «B» 1 – 6 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles viaxaron ao Pombal para xogar ante o Cambados «B» encontro ligueiro. Un partido que comezou bastante igualado pero que se decantou para o lado morañés no tramo final da primeira metade na que acadaron a vantaxe que lles permitiu contemporizar máis na segunda parte. Ao final dos 80 minutos, os tres puntos viaxaron para Moraña cunha clara victoria por 1-6. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

Juv. Cambados «B».: Iker, Adrián, Óscar,Unai, Roi, Samu, Raúl, Fran, Iván, Andrés e Jose Antonio. Tamén xogaron Mauro, Adrián, Fran, David e Pablo.

Moraña C.F.: André, Saúl, Dami, Álvaro, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Marta e Aday. Tamén xogaron Sergio e Joel.

Goles: 0-1 Óscar p.p. (min 19); 1-1 Álvaro p.p. (min. 27); 1-2 Mateo (min. 30); 1-3 David (min. 36); 1-4 Sergio (min. 41); 1-5 Álvaro (min. 52); 1-6 David (min. 81).

Moraña C.F. 11 – 0 A.D. Arousa F7

Os Cadetes recibían no Buelo á A.D. Arousa F7 na mañán do domingo, nun encontro que dominaron con solvencia dende o comezo do mesmo. Os nosos xogaron cun ritmo altísimo, movendo ben o balón e acadando cedo vantaxe. Os goles foron caendo e repartíronse entre varios xogadores, destacando o hattrick acadado por Edu e por Pereira, ata deixar o electrónico no definitivo 11-0. Noraboa, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Lucas, Rubén, Edu, Álex, Pereira, Domi, Jonathan e Dani Fontán. Tamén xogaron Óscar, Dani e Javi.

A.D. Arousa F7: Diego, Aarón, David, Dani, Joel, Jesús, Rubén, Alejandro, Carlos, Borja e Roberto. Tamén xogaron Rubén, Carlos, Pablo e Samu.

Goles: Edu (3), Domi (2), Pereira (3), Álex, Lucas e Amestoy.

Xuv. Sanxenxo 6 – 1 Xuveniles

En Baltar, sábado pola tarde, os nosos Xuveniles non puideron cun Sanxenxo que se adiantou cedo (minuto 8) por medio de Jorge. Respostou o Moraña só un minuto despois, con gol de Pereira. Pero antes do descanso, con goles de Iago, Jorge e Ángel, o Sanxenxo foi collendo unha vantaxe que lle permitía pecharse e buscar máis as contras. Na segunda metade con goles de Iago e Yago, o marcador quedaría no definitivo 6-1. A seguir remando.

Ficha técnica

Xuv. Sanxenxo: Manu, Iván, Marc, Yago, Hugo, Lucas, Rodri, Ángel, Jorge, Iago e Ángel. Tamén xogaron Álvaro, Lucas, Raúl e Roi.

Moraña C.F.: Jorge,Isma, Pablo Sende, Adonis, Rubén, David, Alejandro, Alboy, Dani, Pereira e Fervenza. Tamén xogaron Sergio e Pedro.

Goles: 1-0 Jorge (min. 8); 1-1 David (min. 9); 2-1 Iago (min. 13); 3-1 Jorge (min. 17); 4-1 Ángel (min. 30); 5-1 Iago (min. 63); 6-1 Yago (min. 83).

Compárteo!

Deixa un Comentario