Os nosos Bibes participaron no día de hoxe no III Torneo Solidario Fútbol Sala de Barro no Pavillón de Barro. Era un torneo composto por un único partido ante os Biberóns do Barro C.F. no que os nosos xogaron a un gran nivel ante un equipo no que os rapaces xogaban un encontro por primeira vez.

O resultado final foi de 5-0 con goles de Xurxo (3) e Dani (2). Noraboa aos máis peques da familia do Moraña C.F. e moitísimas grazas ao Barro C.F. pola invitación a este torneo.

Compárteo!

Deixa un Comentario