O Moraña Veteranos enfróntase o próximo sábado (07.03.15) ás 19:00 h no Campo da Rapeira en Portas ao Ludeiro. Os morañeses teñen múltiples baixas para este encontro, onde o adestrador vai ter serios problemas para xuntar once. Os do carneiro teñen previsto saír de Cafeteria Xolda ás 17:45h, estando todos os xogadores citados nas instalacións do campo da Rapeira ás 18:30 horas o encontro iníciase ás 19:00 horas. Despois do encontro todos os xogadores do Moraña terán unha xuntan za gastronómica na casa do xogador Pedro, para celebrar o seu aniversario e a poder ser tamén unha posible vitoria.

Compárteo!

Deixa un Comentario