O Moraña C.F., en colaboración co Concello, acaba de asinar un acordo de patrocinio coa empresa Bandalux e o Pazo A Toxeiriña para seren patrocinadores principais do club. Esta colaboración, de carácter anual e con posibilidade de renovación, representa un fito importante na promoción do deporte no municipio e o impulso do deporte base.

Bandalux, empresa líder na súa industria e recoñecida polo seu compromiso coa calidade e a innovación, únese ao Moraña C.F. como patrocinador principal. Esta asociación non só axuda ao equipo, senón que tamén reforza o compromiso de Bandalux coa comunidade local e o seu apoio aos valores do deporte.

Pola súa parte, o Pazo A Toxeiriña, un lugar emblemático en Moraña, demostra, unha vez máis, o seu compromiso co benestar da comunidade, ao unirse a esta colaboración como copatrocinador.

Dende a directiva do Moraña C.F. queremos expresar a nosa gratitude con Bandalux e o Pazo A Toxeiriña polo seu apoio, xa que nos permitirá seguir medrando e traballar polo futuro e benestar do club, dende a base ata o primeiro equipo.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario