O club Morañés aposta polo adestrador para unha nova era.

Moraña C.F.decidiu apuntalar o seu novo proxecto para tratar de subir ao equipo a 2ª Rexional, categoría que nunca debeu perder, e para iso fichou para o banco ao morañés Dani. O club rojillo anunciou esta mesma tarde a fichaxe do adestrador. Directiva e adestrador xa están a estudar a incorporación de novos futbolistas ao equipo así como a continuación dos actuais.
O técnico coñecido futbolísticamente como «O Chino» naceu en Moraña e ten unha ampla traxectoria como xogador de fútbol militando no Celta «B» e Villalonga entre outros.
Esta tempada pasada estivo de adestrador no Fútbol Base do Moraña C.F, facendo unha labor extraordinaria, adestrando aos Benxamíns, aos cales ascendeu de categoría, e aos Xuveniles, os cales quedaron nas portas do ascenso.

Desexámoslle a mellor das sortes! 

Compárteo!

Deixa un Comentario