Na tarde de hoxe tivo lugar o encontro entre os nosos Benxamíns «B» e o A.D. Sagrado Corazón «C». Un encontro que podía ser definitivo de cara á clasificación, e que de feito, o foi.

Os nosos xogaron un encontro moi completo, no que chegaron ao descanso con vantaxe de 1-3. Na segunda parte o Sagrado achegouse no marcador, pero nun gran tramo de encontro os nosos volveron a poñer terra de por medio para rematar o encontro cunha clara victoria por 3-6.

Con estes tres puntos, os Benxamíns «B» xa son matemáticamente Campións de Liga!!
Noraboa a estes rapaces, que levan unha temporada espectacular.

Ficha Técnica

A.D. Sagrado Corazón «C»: José, Dani, Gabri, Álvaro, Mateo, Adri, Freire, Justino, Mateo e Hugo.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro e Yosi.

Goles: 0-1 Álvaro p.p. (min. 5); 0-2 Yosi (min. 5); 1-2 Hugo (min. 11); 1-3 Mario (min. 15); 2-3 Gabri (min. 28); 2-4 Yosi (min.32); 3-4 Hugo (min. 32); 3-5 Aarón (min. 40); 3-6 Mario (min. 42).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario