• Victoria clara nun campo difícil cunha gran primeira parte.

Primeira das cinco finales que lle quedan ao noso Senior de cara ao remate da Liga. Un encontro nun campo complicado, como é o da Lanzada, pero un partido ao que os nosos saíron enchufadísimos e impuxeron o seu xogo dende os primeiros compases.

Colleu vantaxe o Moraña no minuto 3, nun saque de córner despexado no que Allan volve a poñer o balón na área e Yeray cabecea adentro. Non tardou en chegar o segundo, nun roubo no centro do campo no que se monta unha contra por banda esquerda. Centro e remate de cabeza de Yeray para poñer o 0-2. Tivo unha clara o Noalla nun man a man que Anxo desbaratou co pe.

O Noalla non podía cun Moraña inspiradísimo, que pechaba os espazos e non deixaba xogar, e que recuperaba moitos balóns no centro do campo. Noutro deses roubos, o balón acaba nun centro dende banda esquerda que recibe Borja e asiste para que Rodrigo faga o 0-3 e mate o partido antes do descanso.

Esta vantaxe facía prever unha segunda parte na que o Moraña administraría o resultado e tentaría pechar canto antes o encontro. Tiveron Rodrigo e Ferro a sentencia definitiva en varias ocasións, pero non foron quen de aumentar o marcador. O Noalla xerou algo de perigo, sobre todo aproveitando os erros e o balón parado, pero o marcador non se moveu neste segundo acto e o 0-3 foi o resultado definitivo. Tres puntos para sumar 61 e manter o liderato.

Próxima xornada, recibimos ao Unión Sampayo en Mirallos. Catro partidos para dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Noalla.: David, Diego, Óscar, César, Sergio, Óscar, Adri, Sergio, Rafa, Gonzalo e Gabriel. Tamén xogaron Borja, jorge, david, Christian e Damián.

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Iván Vidal, Borja, Rober, Andrés, Ferro, Yeray, Edu, Allan e Rodri. Tamén xogaron Caba, Chima, Dani, Alejandro, Celso.

Goles: 0-1 Yeray (min. 3); 0-2 Yeray (min.18); 0-3 Rodri (min. 44).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario