• A falta de acerto fai boa a máxima: o que perdona, acaba pagando.

Penúltima xornada, visita a un campo moi difícil e un partido moi traballado por parte dos nosos do que trouxeron un punto. Un encontro no que os nosos xeraron perigo dende o primeiro minuto, pero que non se concretaba en goles. Tivo Ferro o 0-1 nun saque rápido de falta, pero o seu remate marchou fóra.

Pero quen golpeu primeiro (e por dúas veces) foi o Mosteiro. No minuto 16, un saque de porta é peinado por Oliveira á espalda da nosa defensa, internada por banda e centro para que Miguel puxera o 1-0. Tralo saque de centro, unha mala decisión no centro do campo dos nosos convírtese nunha rápida contra dos locais, que remata cun gol de Rubén poñendo o balón por enriba de Anxo. Minuto 17, dous goles en dous minutos e un duro 2-0. A boa nova era que quedaban 70 minutos.

A pesar destes dous mazazos, o Moraña non baixou os brazos e seguiu xerando perigo, traballando e remando para sacar algo deste encontro. Malia todo, o resultado ao descanso foi este 2-0.

Na reanudación os nosos saíron a por todas, convencidos de que tiñan aínda opcións de rascar puntos. Acortaron no 67, cun auténtico golazo de Pablo, que dispara dende lonxe e o balón entra por toda a escadra. Este gol deu alas aos nosos, que seguiron pelexando a reo, conseguindo o empate no 83 nunha gran xogada de Ferro que pon o centro á área pequena para que Santi remache. Quedaba pouco, pero aínda houbo opción do 2-3 nun balón que cazou Salva en área contraria, pero que remata mal e chapa Santi.

Así que 2-2, reparto de puntos e a sensación de que cun chisco máis de acerto arriba, os puntos serían do Moraña. Agora a esperar acontecementos e a preparar o último encontro da liga regular ante o Marín C.F. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Mosteiro C.D.: Santi, Julen, Antón, Lucas, Izan, Miguel, Martín, Álvaro, Rubén, Jose e Rubén. Tamén xogaron Jose, Cristian e Borja.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, Julián, Santi, Jesús e Pablo. Tamén xogaron Chima, Caba, Xoel, Héctor e Jonathan.

Goles: 1-0 Miguel (min. 16); 2-0 Rubén (min. 17); 2-1 Pablo (min. 67); 2-2 Santi (min. 83)

Compárteo!

Deixa un Comentario