Os Veteranos do Moraña xogaron este sábado no Buelo a súa 25ª xornada de Liga, enfrontándose ao Bar Carocha. Para este encontro, e como xa ven sendo tradición, eran varias as baixas nos morañeses, aínda que lograron xuntar 13 xogadores para afrontar o partido.

O Carocha, un equipo moi xoven, saiu a presionar forte arriba, pechando as saídas en curto dos nosos, e aínda que a presión era ineficaz e mal organizada, os morañeses estiveron precipitados, e cometeron erros no control e no pase, o que fixo que case non xeraran perigo no primeiro acto. Os visitantes só inquedaban a portería morañesa en balóns largos á espalda dq defensa, que solventaban ben.

Abriuse o marcador case o filo do descanso, nunha xogada de estratexia dos de Campo Lameiro no que os defensas do Moraña non acompañaron as marcas, e o extremo visitante marcaba no man a man con Rafa. Chegouse con este 0 a 1 ao descanso.

Trala charla do descanso, o equipo saiu dubitativo, e froito desas dúbidas, os visitantes gozaron de varias ocasións na reanudación. Aínda así, empatou o encontro Óscar Barros rematando unha falta lateral. Pouco durou a alegría, porque poucos minutos despois, nun error no despexe, novamente quedaba un xogador rival no man a man con Rafa. Definiu ben cunha vaselina para o 1 a 2. O terceiro chegou pouco despois, noutro erro defensivo que volve deixar só a un rival para a finalización. Co 1 a 3 o encontro parecía pechado, pero Óscar Barros facía o seu segundo gol cun bo remate de falta. A ircentidume dos últimos minutos pechouse a falta de 8 minutos, cando outra vez dun mal despexe, queda no man a man o dianteiro visitante para facer o definitivo 2 a 4.

En resumen, mal partido dos nosos, imprecisos e cometendo erros que foron chave. A recuperarse, a mellorar, e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 4 Bar Carocha

Moraña C.F.: Rafa, David, Toño, Yeyo, Fuentes, Óscar Barros, Sayáns, Mario, Eloy, Santiño, Nico, Juan e Ventura.

Goles: Óscar Barros (2).

Compárteo!

Deixa un Comentario